Proxección da película "Llenos de gracia" nas Noites de Cine
Mércores 19 de xullo do 2023 22.30 horas - Praza de San Cristovo
A irmá Marina é enviada a principios dos anos noventa a El Parral, un orfanato ameazado de peche. Á súa chegada ao colexio, os nenos están fóra de control, pero Marina capta a súa atención co seu carisma e desenvoltura. Os mozos comezan a mirar con curiosidade a esta nova monxa inmune ás súas canalladas. Sobre todo Valdo, co que Marina conecta dunha maneira especial. Cando Marina descobre as escapadas nocturnas dos rapaces, algo prohibido, dá coa idea que cambiará para sempre El Parral: formar un equipo de fútbol.
Comedia do ano 2022 baseada en feitos reais e protagonizada por Carmen Machi.
Duración: 109 minutos
Público familiar a partir de 7 anos.