Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Mesa redonda sobre as artes plásticas contemporáneas en Galicia

Xoves 19 de outubro do 2023 20.30 horas - Espazo Casino 1889

Dentro do programa de actividades conmemorativas do 80º aniversario do artista Manuel Facal, o xoves 19 de outubro celébrase no Espazo Casino 1889 unha mesa redonda sobre as artes plásticas contemporáneas en Galicia. Tomará a palabra Miguel Anxo Fernán Vello, en nome da comisión organizadora, para dar a benvida ao público asistente e presentar aos invitados á mesa redonda: Correa Corredoira, Manuel Vilariño e Xosé Antón Castro, que falarán con Manuel Facal sobre as artes plásticas contemporáneas en Galicia.

Correa Corredoira. A Coruña, 1952. Os seus primeiros pasos en debuxo son de estilo figurativo sobre temas eróticos e dionisíacos. Recibiu unha bolsa do Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, participando nun curso de cerámica. Xunto con Mon Vasco e Xaime Cabanas foi un dos fundadores do colectivo de comunicación obxectual Galga, movemento de vangarda anterior a Atlántica 80, co que tamén participa en todas as súas mostras, dándose a coñecer no panorama ibérico. En 1985 fundou Gruporzán, no que edita obra gráfica. A Rosa dos ventos, praciña de mosaico situada ao pé da Torre de Hércules, é a súa obra pública máis significativa. En 2007 publicou Pintor por Italia, conxunto de apuntamentos das dúas viaxes polo ese país.

Manuel Vilariño. A Coruña, 1952. Fotógrafo, poeta, pintor e inventor de realidades. Premio Nacional de Fotografía, outorgado polo Ministerio de Cultura de España en 2007. En 2007 a súa obra representou a España na 52ª Bienal de Venecia.

Xosé Antón Castro. Muxía, 1953. Licenciado en Historia da Arte e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Ampliou os seus coñecementos de arte contemporánea no MOMA de Nova York. Foi director da sección de Artes Plásticas da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, organizador da Bienal de Arte de Pontevedra e conservador do CGAC en Santiago de Compostela. Foi profesor no Liceo Internacional de París e na Universidade de Vigo.

Compartir: