Exposición "A memoria do son"
Do luns 15 de xaneiro ata o sábado 10 de febreiro do 2024 17.00 a 21.00 horas - Andar -1 do Pazo da Cultura
O Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Deputación de Lugo ofrécenos a posibilidade de contemplar unha reprodución de instrumentos musicais medievais, obxectos sonoros e arquivo documental froito da investigación a partir da iconografía do pórtico da Gloria, o Pazo de Xelmírez, as cantigas de Alfonso X e as esculturas do rei David.
Unha xiga, unha rota, unha cítola, unha zanfona, unha viola de perna, unha viola de brazo e un organistro son os protagonistas da mostra que se completa con melodías accesibles a través de códigos QR, permitindo coñecer os sons dos instrumentos expostos. Ademais exponse un salterio para que as persoas que visiten a mostra poidan manipular e escoitar o son en directo.
Unha mostra destinada ao pracer da vista e do oído, un medio excepcional para coñecer a sonoridade instrumental medieval.