Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
17
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Catuxa Salom, en concerto

Venres 2 de febreiro do 2024 21.00 horas - Pazo da Cultura

Catuxa Salom é unha artista galega de raíces arxentinas e unha das voces máis destacadas do movemento folk-electrónico do momento. En 2022 publica o seu disco revelación Nunha aldea, que reflicte un universo sonoro que vai da música tradicional galega aos ritmos latinos. Un disco envolto por unha atmosfera tribal que convida ao baile e nos conecta co noso lado máis salvaxe. De Aimogasta ás montañas de Lugo, Catuxa Salom crea un lugar onde o fogar e o amor pola natureza están moi presentes. En 2022 e 2023 foi finalista nos Premios Martín Códax da música galega na categoría de Músicas do Mundo. Catuxa Salom é un dos nomes máis atractivos da escena musical galega. O seu novo disco verá a luz en 2024.

Intérpretes: Catuxa Salom (voz, guitarra, loop station), Lucía Cortiñas (percusións) e Yudit Almeida (contrabaixo)
Duración: 60 min
Público: Todos os públicos
Entrada: 5 € / 3 €
Colabora Deputación da Coruña

Ligazóns

Compartir: