"Pegadas no tempo", exposición de Isabel Soutullo
Do venres 19 de abril ata o venres 10 de maio do 2024 17.00 a 21.00 horas - andar -1 do Pazo da Cultura
Pegadas no tempo é unha pequena viaxe dende a primeira exposición da artista autodidacta nada en Coristanco, Isabel Soutullo, ata o día de hoxe. Óleos, collages e fotografías nos que poderemos apreciar a súa preocupación polo compromiso coa conciencia ambiental, o traballo en pro da igualdade de xénero, o recoñecemento do arduo traballo da xente labrega e mariñeira así como outro dos temas recorrentes na súa obra, o paso do tempo.
Organiza: Concello de Carballo.