Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
17
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A compañía navarra Led Silhouette pecha Primavera enDanza

Martes 30 de abril do 2024 21.00 horas - Pazo da Cultura

Dous homes  abrazados. Dous homes que bailan sobre a herba húmida, baixo a cúpula estrelada. Sobre a pel do tambor, baixo o repicar das campás. Bailar ata a extenuación, ladrar ata o abatemento, vivir ata desfalecer. O relato dun home que se contempla no outro para atoparse a si mesmo. Los perros, a proposta da compañía navarra Led Silhouette que pecha Primavera enDanzabusca un estado de resistencia ante este tempo convulso que desestabiliza os cimentos das relacións humanas. Como cans que ladran, bailar e ladrar, para avanzar, bailar para cambiar.

O destacado e recoñecido internacionalmente creador Marcos Morau dirixe esta proposta, que viaxa por unha sucesión de imaxes nun cruce de tempos e linguaxes.

Led Silhouette é o proxecto persoal como creadores de Martxel Rodríguez e Jon López, bailaríns da prestixiosa compañía La Veronal. Influenciados pola arte contemporánea, investigan sobre novas formas de movemento, colaborando con artistas visuais, documentadoras ou musicais para xerar atmosferas transformadoras.

Interpretación: Jon López e Martxel Rodríguez
Deseño de iluminación: Andoni Mendizábal
Deseño sonoro: Juan Cristóbal Saavedra
Escenografía: David Pascual
Dirección do proxecto: Led Silhoutte
Coreografía: Marcos Morau en colaboración dos intérpretes
Idea e dirección: Marcos Morau
Duración: 50 min
Público: Adulto
Prezo da entrada: 9 € / 5 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Ligazóns

Compartir: