"Viaxe a África", cos Ratos de Lonxedetodo
Mércores 29 de xaneiro do 2025 17.30 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua
Os Ratos de Lonxedetodo, de Trinketrinke Teatro, volven á Biblioteca Rego da Balsa para seguir contando historias de aquí e de acolá aos nenos e nenas de 4 a 8 anos. Esta semana a gran Lilí Gruyére acaba de chegar dunha viaxe por África. Vai contar e cantar xeitos de vida, contos e cancións deste continente. Inclúe os relatos "O elefante que perdeu o seu ollo" (adaptación do conto tradicional africano de Boniface Ofogo); e "Canciones infantiles y nanas del baobab: el África negra en 30 canciones infantiles".
- Para asistir é imprescindible reservar praza chamando ao número de teléfono 981 758 580
- Máis abaixo podes descargar o folleto coa programación para este curso