"Monstros" de PT Excéntricas nos Venres Culturais: para público familiar
Domingo 16 de febreiro do 2025 18.00 horas - Pazo da Cultura
Amanda, Valentín, Clo e o silencioso Max teñen un plan perfecto para loitar contra toda unha tarde de aburrimento: ir á casa das pantasmas que hai preto da saída da vila. Historias aterradoras envolven ese lugar, atoparán alí ao vampiro de Lalín? Haberá algún outro ser pantasmagórico? Esta é unha divertida aventura para toda a familia que nos fará rir e reflexionar sobre aquelas cousas que nos causan temor, sobre todo as que son diferentes a nós.
Intépretes: Rocío González, Victor Mosqueira, Piti Sanz e Patricia Vázquez.
Escenografía: Marcelino de Santiago “Kukas”.
Deseño de iluminación: Octavio Mas.
Deseño de son: Piti Sanz.
Autoría: Lucía Aldao e María Lado.
Dirección: Marcos Orsi
55 min | A partir de 4 anos | 7 € / 4 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios