Os Venres Culturais presentan "Un deus salvaxe" de Talía Teatro
Venres 14 de marzo do 2025 21.00 horas - Pazo da Cultura
Dous nenos duns once anos enfróntanse con violencia nun parque. Beizos inchados e dous dentes rotos... Os pais da vítima convidan á súa casa aos pais do neno agresor para resolver o conflito. O que comeza sendo unha charla con bromas e frases cordiais, adquire unton máis violento a medida que os pais van revelando as súas ridículas contradicións e grotescos prexuízos sociais.
Intérpretes: Marta Lado, Toño Casais, María Ordóñez e Dani Trillo.
Vestiario: Martina Cambeiro.
Escenografía e iluminación: Dani Trillo.
Música: Manu Abraldes.
Autora: Yasmina Reza.
Dirección e adaptación: Artur Trillo
85 min | A partir de 13 anos | 7 € / 4 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios