Primavera enDanza pecha con Daniel Rodríguez e o seu "Transeúnte"
Venres 11 de abril do 2025 21.00 horas - Pazo da Cultura
A partir de catro bailaríns e dous músicos iníciase un diálogo entre a música, o canto e a danza tradicional coa danza contemporánea, no que se reflexiona sobre a relación das novas xeracións co folclore. Esta coreografía é unha viaxe que honra o pasado, vive o presente e busca e abraza o futuro, unha dualidade entre o permanente e o transitorio.
Intérpretes: Javier de la Asunción, Andrea Pérez, Laura García e Daniel Rodríguez.
Voz: Aida Tarrío e intérpretes.
Música: Aida Tarrío e Artur Puga.
Deseño de iluminación: Mauricio Pérez.
Mirada externa: Arnau Pérez.
Dirección e coreografía: Daniel Rodríguez
50 min | A partir de 8 anos | 7 € / 4 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios