Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Concello de Carballo impulsa o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís cun incremento dos premios

O prazo para participar está aberto ata o 8 de marzo

Mércores 8 de febreiro do 2017

O Concello de Carballo quere impulsar o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís a nivel autonómico e estatal para que sexa, cada vez máis, unha cita de referencia para afeccionados e profesionais. Este ano a principal novidade é o incremento do importe total dos premios ata 3.050 euros, de xeito que o primeiro está dotado con 1.500 euros e diploma, e o segundo, patrocinado por primeira vez pola Fundación Luis Calvo Sanz, con 750 euros e diploma. O Premio Especial Carballo, para a mellor imaxe relacionada co noso concello, ten unha dotación de 500 euros. Ademais, o xurado poderá conceder accésits por un importe de 300 euros. As bases íntegras desta 19ª edición están dispoñibles no documento adxunto.

O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís mantén vivo o recordo do que foi animador cultural no Concello de Carballo a través dunha das súas afeccións, ao tempo que contribúe a divulgar a fotografía e a creación artística como un dos elementos singulares que cada vez máis identifican o noso municipio.

Os/as creadores/as teñen liberdade para presentar as súas obras en branco e negro ou cor, e nun formato comprendido entre 25x35 e 40x50. Nas bases establécese que as fotografías, que se presentarán en sobre pechado, deberán ir montadas sobre cartón pluma ou soporte ríxido similar. Na parte posterior figurará o título e o pseudónimo do autor. Noutro sobre pechado entregarase a solicitude de participación e unha fotocopia do DNI do autor/a.

O prazo para participar remata o 8 de marzo. As fotografías poden entregarse no Rexistro do Concello de Carballo, no rexistro auxiliar do Pazo da Cultura (preferentemente) ou por correo certificado. Para máis información está dispoñible o número de teléfono 981 704 300.

Descargas

Compartir: