Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Concello e entidades unen forzas para ofrecer unha programación de Entroido interxeracional, variada e festiva

O concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, presentou hoxe o cartel de actividades que se desenvolverán dende o 21 de febreiro ata o 11 de marzo

Martes 14 de febreiro do 2017

Marcos Trigo presentou o programa no Pazo da Cultura

Marcos Trigo presentou o programa no Pazo da Cultura

Carballo vivirá o Entroido como nunca, cunha programación que sorprende xa dende o cartel, protagonizado por un Spiderman disfrazado de choqueiro que escala pola escultura do Peixe. E do mesmo xeito que ao deseño realizado por Gende Studio non lle falta detalle, á proposta de actividades presentada hoxe polo concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, tampouco. O seu departamento, xunto co de Terceira Idade e unha decena de entidades de todo o concello, ofrecen á veciñanza e a todas as persoas que queiran achegarse ata Carballo a posibilidade de gozar dun programa interxeracional, variado e moi divertido que se desenvolverá dende o 21 deste mes ata o 11 de marzo. “Fomentar a participación de todos os colectivos, crear un ambiente festivo e ofrecer un programa variado para todas as idades” son os principais obxectivos, tal como expresou o concelleiro de Cultura, que agradeceu  tamén a colaboración de Protección Civil, Policía Local e Brigada de Obras.

Ademais do Concurso e Desfile de Comparsas, Carrozas e Disfraces, no que se repartirán máis de 8.500 euros en premios e que será, polo tanto, o máis importante da contorna, o programa do Entroido de Carballo aposta por potenciar o Enterro da Sardiña, as actividades infantís e para maiores, e a animación de rúa, para a que contaremos coas charangas Ruada e Quepasa. A animar o concurso do domingo de Entroido tamén contribuirán, ademais dos premios, o clown Peter Punk, que, como dixo Marcos Trigo na presentación, é un dos mellores pallasos do momento. O prazo de inscrición,  por certo, segue aberto ata o día 23.

O programa día a día, no folleto adxunto.

Descargas



Galería

Compartir: