Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Talía Teatro trae a Carballo “Ubú Rei”, o primeiro dos tres espectáculos de gran formato que ofrecen os Venres Culturais

A oferta escénica da fin de semana inclúe tamén a montaxe “Güela güela” de Galitoon dentro do ciclo En Familia

Luns 6 de marzo do 2017

Volve o teatro aos Venres Culturais. Esta semana temos unha proposta dupla, pero ademais este venres 10 ás 21 horas asistiremos á case estrea (será a terceira representación) de “Ubú Rei”, a nova montaxe de Talía Teatro e o primeiro dos tres espectáculos teatrais de gran formato que pasarán nas vindeiras semanas polo escenario do Pazo da Cultura.

Nesta versión de Roberto Salgueiro, que tamén é o director da obra, a compañía ceense ofrécenos unha mirada nova do tantas veces representado “Ubú Rei” de Alfred Jarry.

  • Intérpretes: Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo.
  • Público: adulto Prezo da entrada ordinario: 4 € (con desconto 3 €)

"Güela güela" é un espectáculo para nenos e nenas de 2 a 6 anos

O domingo cambiamos o rexistro porque os destinatarios de “Güela güela” son os nenos e nenas de 2 a 6 anos. Galitoon chega a Carballo, dentro do ciclo En Familia (domingo 12, 18 horas) cunha aventura chea de cor, diversión, humor e música, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia.

“Güela güela” é a historia de Güily, unha cegoña pequeniña que decidiu levar aos papás un bebé esquecido... O espectáculo, encargado polo Museo Nacional do Prado, está inspirado no cadro “Concierto de aves”, de Frans Snyders.

  • Público: familiar
  • Prezo da entrada ordinario: 3 € (con desconto 2 €)

Compartir: