Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A orquestra Panorama abrirá o 10 de xuño o mes do San Xoán, con catro fins de semana de música e multitude de actividades

O espectáculo Dreams Tour 2017 encherá a Praza do Concello de sons, luces e coreografías abraiantes

Sábado 27 de maio do 2017

Este ano teremos un comezo de festa espectacular coa orquestra Panorama. O 10 de xuño presentará na Praza do Concello o seu Dreams Tour 2017, unha viaxe por un mundo de fantasía que supón unha importante aposta da agrupación pontevedresa pola innovación técnica, a música de calidade e coreografías abraiantes. Trinta persoas traballarán na montaxe e no desenvolvemento do primeiro dos grandes espectáculos que encherán de animación as nosas festas. 

A Asociación Cultural San Xoán e o Concello apostan máis ca nunca por converter o mes de xuño no mes grande de Carballo, e propóñennos catro fins de semana de actividades que comezarán, precisamente, coa actuación da Panorama na noite do sábado 10 de xuño. A Praza do Concello recibirá a unha das formacións con máis éxito de Galicia, que, a piques de celebrar 30 anos de historia, continúa a ser unha orquestra de referencia, apostando sempre pola innovación dentro e fóra do escenario. 

Neste 2017 apostan por transmitir aos espectadores a importancia dos soños e de que con traballo, esforzo e ilusión poden converterse en realidade. E para implicar ao público no seu espectáculo, a Panorama conta cunha posta en escena totalmente nova: escenario, pantallas, iluminación, tarimas móbiles... Todo está pensado para este Dreams Tour 2017. Será a xira máis viaxeira da Panorama, xa que percorrerá toda España co seu impresionante equipo artístico: Natalia Méndez, Daira Monzón e Maythe Leiva como voces femininas; Lito Garrido (cantante, condutor do espectáculo e director artístico) e Mario Álvarez, voces masculinas; as bailarinas Reyna Fabiana e Eli Soal, Jorge Ramilo-Giorgio (baixo), Ivis Reyes (guitarra), Ángel González-Lote (guitarra), Carlos Oubiña (teclado), Álex Vázquez (batería), Edgar Oliveros-Ninico (percusión), Andel Labori (saxo), Roberto Hernández (trompeta), Danny Méndez-Bujía (trompeta), Xurxo Castro (trombón) e Kotwey Marval (trombón e showman). As dúas únicas novidades desta temporada son a guitarrista Ivis Reyes e a bailarina e actriz Eli Soal. “Son dúas fichaxes polas que apostamos decididamente”, sinala Lito Garrido.

Ese gran equipo será o encargado de abrir o amplo e variado programa das festas de San Xoán nunha fin de semana na que tamén coincidirán unha nova actuación do Curruncho Pop, a III Classic Car ou o Torneo de Fútbol Alevín Concello de Carballo. E será a primeira de catro fins de semana consecutivas repletas de música, coas mellores orquestras do momento, grandes artistas como David Bustamante, bandas, rock gaiteiros, corais... e algunha sorpresa máis.

Compartir: