Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Concello de Carballo estableceu unha taxa de 120 euros polo curso completo

O Conservatorio Profesional de Música ofrece 60 prazas para o curso de Iniciación Musical

A nova actividade, que substitúe á denominada Música e Movemento, vai dirixida a nenas e nenos de 1º e 2º cursos de Primaria

Mércores 28 de xuño do 2017

Por cuarto ano, o Concello de Carballo e o Conservatorio Profesional de Música poñen en funcionamento o curso de Iniciación Musical (Música e Movemento). Esta iniciativa ten como obxectivo achegar aos máis cativos á música e ao descubrimento das familias instrumentais, de xeito que cando poidan acceder aos estudos musicais oficiais teñan unha pequena base musical e un coñecemento das distintas ferramentas musicais que lles facilite a elección do instrumento que poidan estudar.

A esta convocatoria poderán concorrer todos aqueles rapaces e rapazas de 1º e 2º curso de Educación Primaria, prioritariamente veciños/as de Carballo, que desexen iniciarse no mundo da música. O curso terá un límite de 60 prazas, divididas en 2 grupos, de seis e sete anos, que se adxudicarán por orde de rexistro. Para preinscribirse nesta convocatoria os/as interesados/as terán un prazo que irá do 29 de xuño ao 6 de xullo (ámbolos dous días incluídos) e deberán facelo a través dunha solicitude que poderá recollerse nas Oficinas de Cultura (situadas no 1º andar do Pazo da Cultura) ou descargala da páxina web do Concello de Carballo www.carballo.gal. Nesta instancia xa se aclara a documentación que se deberá achegar con ela así como o lugar para presentala (Rexistro de Entrada do Concello de Carballo, en horario de 9.30 a 13.30, ou no Rexistro do Pazo da Cultura de luns a venres de 11.00 a 13.30 h).

O día 7 de xullo darase a coñecer a listaxe de admitidos, e estes alumnos deberán formalizar a matrícula, se así o desexan, entre o 10 e o 17 de xullo, entregando por rexistro de entrada o impreso de matrícula unha vez liquidadas a taxas correspondentes, que están fixadas en 120 euros polo curso completo. Para a realización destes ou doutros trámites deberán dirixirse ao 1º andar do Pazo da Cultura (Oficinas de Cultura-Conservatorio) ou ben chamar por teléfono ao número 981 704 300.

Descargas

Compartir: