Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O décimo terceiro #traballandoenlingua aposta pola música como ferramenta de prestixio do galego

Na inauguración do curso da UDC, o alcalde de Carballo lembrou a Carlos o Xestal, a señora María, Xacarandaina e Arume de Berdillo

Mércores 19 de xullo do 2017

Coa intención de analizar a situación da lingua galega no sector musical e os motivos, factores e condicionantes claves para mellorala, comezou hoxe no Forum Carballo o XIII Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua na música, organizado pola Universidade da Coruña en colaboración co Concello de Carballo, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Os relatorios e talleres que se desenvolverán hoxe e mañá céntranse este ano nun sector, o musical, singularmente representativo para o futuro do galego. O programa inclúe sesións para analizar a situación do idioma no ámbito do tecido musical. Tamén se darán a coñecer e serán avaliadas experiencias positivas nese ámbito, proporanse medidas para mellorar o uso e prestixio da lingua galega na música e reflexionarase sobre os xeitos nos que a música en galego pode contribuír ao proceso de normalización lingüística.

Julio Abalde e Marisol Rios

Polo Forum carballés pasarán nomes destacados de todos os sectores do panorama musical en galego, como María Xosé Silvar ‘Ses”, Xurxo Souto, Pablo Carpintero, Mini&Mero, Pilocha, Xosé Manuel Sánchez Rei,Arturo Baquero, Eloi Caldeiro, Patricia Hermida, Segundo Grandío, Moncho do Orzán, Goretti Sanmartín, Rosa Cendrón, Sonia Lebedynski, Ugía Pedreira, M. J. Pérez, Olga Kirk&Pablo Díaz, César Morán e Ricardo Seixo.

Valentín García e Evencio Ferrero

Na inauguración do curso participaron o alcalde, Evencio Ferrero; a Coordinadora do SNL da UDC, Marisol Ríos; o reitor da UDC, Julio Abalde; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Ríos lembrou proxectos xurdidos de anteriores edicións de #traballandoenlingua, como o programa Apego, Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña, e Youtubeir@s. “O desexable sería que este ano saíse algunha nova iniciativa para promover o noso idioma”, apostou. “A reflexión é necesaria sempre, o mesmo que a posta en común das feblezas e das fortaleza do galego á hora de proxectalo cara a sociedade, verdadeiro fundamento do proxecto de normalización lingüística”, afirmou García. “Para avanzar”, engadiu, “é necesario reflexionar e abordar campos como o da música, unha das manifestacións culturais sociais que máis impregna calquera sociedade avanzada”.

“Durante estes anos”, salientou Abalde, “nos sectores nos que se tratou a problemática da lingua, saíron accións que posteriormente se desenvolveron para facer unha aposta clara pola mellora da situación da nos lingua”. “Ben está que desde este espazo do Forum Carballo se reflexione e se acheguen ideas, iniciativas e propostas que permitan impulsar o noso idioma”, dixo Ferrero. “Estou convencido de que as iniciativas que xurdirán aquí estes días van permitir que a música en galego teña unha nova etapa de esplendor como xa gozou nos anos setenta”. O alcalde tivo palabras de recordo para Carlos O Xestal, “quen deixou un legado, como o coro Aires de Bergantiños, que mantivo viva a tradición da música galega”. Tamén “para a señora María, moitas pezas de Xacarandaina, ou agrupacións que xa son senlleiras entre nós como Arume de Berdillo”.

Primeiros relatorios

Ses, durante o seu relatorio

A primeira das relatoras do curso foi a cantante María Xosé Silvar ‘Ses”, a quen presentou Carme Pereiro e da que dixo que é alguén “que está continuamente traballando en lingua e música”. Ses centrou a súa intervención na creación musical en linguas minoritarias e minorizadas. Completaron a matinal o relatorio de Pablo Carpintero “Aproximación ao léxico dos instrumentos tradicionais galegos”, e a mesa redonda “A asunción do galego máis aló da música”, nan que participaron Mini&Mero e Pilocha.

Programa de tarde

16.30-17.30: “Como mellorarmos a lingua a través do cancioneiro tradicional”, relatorio de Xosé Manuel Sánchez Rei.
17.30-18.45: “A xestión e a produción da música en galego desde o sector empresarial”, mesa redonda con Arturo Baquero, do estudio de gravación Abrigueiro; Eloi Caldeiro, do estudio de gravación Sons Galicia; Patricia Hermida, representante de músicos/as, e Segundo Grandío, do estudio de gravación Casa de Tolos.
19.20.30: obradoiro de regueifa, con Moncho do Orzán.

Programa xoves 20

10.00-11.00: “Aproximación a unha historia do rock en galego”, relatorio de Xurxo Souto.
11.00-12.00: “Lingua e música para as xeracións máis novas. A proposta do concurso Quero cantar”, relatorio de Goretti Sanmartín .
12.00-12.30: café conxunto.
12.30-14.00: “Cantar en galego e cantar en feminino: a importancia da voz da muller na música galega”, mesa redonda con Rosa Cedrón, Sonia Lebedynski, Ugia Pedreira e M.J. Pérez.
14.30: xantar conxunto.
16.30-17.30: “A recollida de poesía e música oral en galego na actualidade”", relatorio de Olga Kirk e Pablo Díaz.
17.30-18.30: “Literatura, lingua e música”, relatorio de César Carlos Morán. 18.30-19.00: descanso.
19.00-20.30: obradoiro de cantos de taberna con Ricardo Seixo.

Compartir: