Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Xiria Pop cumpre 20 anos consolidado como o festival galego que ofrece máis e mellor música por menos

Oito grupos en concerto e dúas presentacións literarias encherán a fin de semana

Xoves 14 de setembro do 2017

O Xiria Pop chega á súa vixésima edición consolidado como o festival galego que máis e mellor música (do powerpop á psicodelia, con paradas no rhythm and blues, o beat ou garaxe) ofrece por menos: oito grupos e dúas presentacións de libros apertados sen afogos o venres e sábado, ao escandaloso prezo (contra calquera crise) de 10 euros a entrada e 15 euros o bono.

O Xiria Pop chega á súa vixésima edición consolidado como o festival galego que máis e mellor música (do powerpop á psicodelia, con paradas no rhythm and blues, o beat ou garaxe) ofrece por menos: oito grupos e dúas presentacións de libros apertados sen afogos o venres e sábado, ao escandaloso prezo (contra calquera crise) de 10 euros a entrada e 15 euros o bono.

No cartel deste ano figuran bandas de Londres, Santander, Valencia, Montpellier ou Compostela. O venres subirán ao escenario da Sala Dublín os galeses Colorama, os londinienses Sulenk, a valenciana Carolina Otero e os santanderinos Los Estanques. O sábado será a quenda de Thee Boas (Compostela), Les Lullies (Montepellier), Biznaga (Madrid) e MFC Chicken (Londres). As portas abrirán ás 22.00.

As letras volven a ter espazo no programa. Carolina Otero visita o venres a Biblioteca Rego da Balsa (20.00), na compaña da escritora carballesa Rosalía Fernández, para presentar o seu último poemario, “No te hagas el muerto”. E o sábado (Sala Dublín, 19.30) o tamén escritor Xosé Manuel García falará de “Atardecer en Waterloo”, a biografía definitiva dos Kinks, cun dos autores da obra, Manuel Recio, socio nun proxecto que tamén asina Iñaki García. Poñerá música ao encontro (versións dos clásicos dos de Muswell Hill)  o vigués Nicolás Pastoriza.

Presentación

Maikel Pérez Castro, Xabier Graña e Evencio Ferrero, na presentación

Maikel Pérez Castro, Xabier Graña e Evencio Ferrero, na presentación

O Xiria Pop presentouse esta mañá na casa do concello nunha rolda de prensa na que participaron Xabier Graña (ideólogo do festival e factótum ata este ano, no que decidiu contar coa colaboración de Maikel Pérez Castro); o propio Castro; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero.

“Falando do Xiria Pop xa é redundante dicir que neste festival prima a calidade dos grupos, por riba doutras referencias máis comerciais ou que atenden máis ao que se vende”, afirmou Trigo. “Está ben seguir medrando, pero tamén ofrecer un produto de tanta calidade e ser un referente e que a xente veña ao Xiria Pop segura de que vai gozar de boa música”.

“Este ano nótase que o Xiria Pop xa non é só responsabilidade miña”, explicou Graña. “No cartel apréciase que entrou zume novo”, en referencia a Pérez Castro, responsable de que este ano na Sala Dublín estean Biznaga, Sulk e Les Lullies. “A premisa fundamental no Xiria Pop é a música; o resto para nós é superfluo”, engadiu antes de debullar o programa.

“Biznaga”, explicou Pérez Castro, “fan un pop moi noventero, pero tiran tamén ao son Manchester dos Charlatans ou os Stone Roses”. “Biznaga é un grupo cunha actitude moi punk, que recorda por momentos a Parálisis Permamente ou a outras bandas como os Clash, e que teñen moitas ganas de vir tocar a Carballo”.

Maikel Pérez Castro, Xabier Graña, Evencio Ferrero e Marcos Trigo

Maikel Pérez Castro, Xabier Graña, Evencio Ferrero e Marcos Trigo

“O do Xiria Pop sempre foi algo moi sorprendente”, afirmou Ferrero. “Que nun espazo tan reducido se puidese facer un festival de altísima calidade musical, con persoas que proceden de diversas partes do planeta, nun microcosmos tan reducido como é o de Carballo, pois a verdade é que é que non deixa de ser algo que mereza o recoñecemento por parte do Concello de Carballo”. “Pola nosa parte só nos queda desexar que a xente que asista aos concertos se siga divertindo igual que de ben o ten pasado en anos anteriores”.

Compartir: