Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O proxecto “100% comunidade” da Biblio Rego da Balsa, entre os premiados de toda España no concurso María Moliner

A Secretaría de Estado de Cultura fixo pública a resolución coincidindo coa celebración do Día Internacional da Biblioteca e co 3º aniversario da apertura da nosa biblioteca

Martes 24 de outubro do 2017 Cultura

Por segundo ano consecutivo, a Biblioteca Rego da Balsa é unha das seleccionadas de toda España no Concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner, unha iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir ás bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes “que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións da animación á lectura, a eficiencia e o labor bibliotecarios, a integracións social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías”. E a verdade é que esta definición axústase á perfección ao programa que vén desenvolvendo a Biblioteca Rego da Balsa desde a súa apertura. Precisamente hoxe, Día Internacional da Biblioteca, celébrase o terceiro aniversario da súa inauguración, e a preselección para o concurso María Moliner é un dos mellores agasallos que poderiamos recibir.

A nosa biblioteca presentouse ao concurso co proxecto “Biblioteca Rego da Balsa: 100% comunidade”, que recolle os principais elementos de traballo desenvolvidos ao longo destes tres anos de actividade. A nosa biblio vén traballando na promoción dos hábitos de lectura e da inclusión de novos formatos de lectura a través de campañas como “Conéctat@ coa biblioteca”, no fomento da creatividade mediante a organización de talleres do máis variados tanto en contido como en público destinatario, na promoción da alfabetización informacional a través de charlas, proxeccións e outras dinámicas, na integración social a través de iniciativas dirixidas a sectores en risco de exclusión ou na creación de comunidade mediante campañas como a propia “Conéctat@ coa biblioteca” ou #PuntoB, que acadaron unha altísima participación.

A Biblioteca Rego da Balsa programa actividades para públicos de todas as idades, colabora con centros educativos e entidades locais, promociona aos artistas e intelectuais da contorna e desenvolve unha intensa comunicación coa sociedade por medio de diferentes canles, entre eles as redes sociais, nas que ten unha presenza moi destacada. Un dos próximos retos é a creación da “Biblioteca do futuro”, cunha forte e decidida aposta polas novas tecnoloxías desde todos os puntos de vista e tanto interna como externamente; pero tamén a implicación do/a usuario/a na toma de decisións, porque “a biblioteca somos tod@s”.

A Secretaría de Estado de Cultura, que felicita ao Concello de Carballo polo traballo desenvolvido, comunicou hoxe ao concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, que a Biblioteca Rego da Balsa é unha das beneficiarias dunha subvención en metálico de 1.706,66 euros para a compra de libros.

Vídeos

Compartir: