Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Case 300 nenos participaron no Concurso Teatro Lido, que este domingo entrega os seus premios

O 5 de novembro ás 18 h terá lugar en Carballo a gran final, na que compiten sete grupos teatrais de colexios da zona

Venres 3 de novembro do 2017 Cultura

Caxoto Contacontos será o mestre de cerimonias

Caxoto Contacontos será o mestre de cerimonias

Un total de 275 nenos e nenas participaron no XVII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, que este domingo 5 de novembro ás 18.00 h celebra a súa final no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo.

O certame celébrase no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), organizado polo Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte.

Na final competirán sete grupos seleccionados polo xurado, formado por afeccionados e profesionais do teatro, representantes do ensino e de Radiovoz, e que son os seguintes:

1ª CATEGORÍA

  • CEIP CANOSA-RÚS, SUPERHEROES, DO GRUPO TEATRÚS
  • CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO, O RABAÑO, DO GRUPO AS OVELLIÑAS
  • CPR ARTAI, O SOÑO DO VERME, DO GRUPO SOLPOR
  • CRA PONTE DA PEDRA - SÍSAMO, LOBO FEROZ, DO GRUPO A RAÍÑA DOS VILARES

2ª CATEGORÍA
  • CEIP FOGAR, UN MÉDICO DESESPERADO, DO GRUPO BILITROQUE
  • IES ALFREDO BRAÑAS (Carballo), O MERLO BRANCO, DO GRUPO ENTRE GUIÓNS
  • IES EDUARDO PONDAL (Ponteceso), A FÉ, DO GRUPO OS ROMÁNTICOS

Na final, os grupos seleccionados volverán a interpretar os seus fragmentos teatrais e, tras unha nova deliberación do xurado, realizarase a entrega de premios aos gañadores.

O acto estará presentado por Caxoto Contacontos que, ademais de ser o mestre de cerimonias, amenizará a final cunha sesión de contos destinado a público familiar. A continuación terá lugar unha chocolatada para todos os participantes, que recibirán un diploma que poderá ser recollido polos representantes de cada grupo ao finalizar o acto.

Compartir: