Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

ONCE CABALGATAS DE REIS PERCORRERÁN O CONCELLO

Medio cento de propostas encherán un Nadal Cultural pensado para todos os públicos pero coa infancia como principal protagonista

Monicreques, danza, maxia e teatro musical chegarán do 26 ao 29 de decembro ao Nadal Pequespectacular

Xoves 14 de decembro do 2017 Cultura

Case medio cento de propostas encherán un Nadal Cultural pensado para todos os públicos pero no que as nenas e nenos serán protagonistas. Organizadas polo Concello ou polas asociacións culturais do municipio, as actividades terán lugar en diferentes escenarios, como as sedes das propias entidades, as igrexas parroquiais, o Pazo da Cultura, a Ludoteca e Biblioteca Rego da Balsa, o Mercado de Abastos ou as rúas e prazas da vila.

Os días 26, 27, 28 e 29 (sempre ás, 18.00 horas, no Pazo da Cultura) son as citas co Nadal Pequespectacular, unha das actividades máis salientables, consolidado como referente do programa logo de quince anos de andaina. Nesta edición reúne 4 espectáculos de xéneros distintos: monicreques, danza, maxia e teatro musical. Para asistir hai que reservar localidade (máximo, 4 por persoa, a 4, 3 e 2 euros) na Biblioteca do Rego da Balsa, do 18  ao 21 de decembro, de 16.00 a 17.00 horas. As entradas tamén se poderán mercar o mesmo día da actividade, na billeteira do Pazo, de 17.00 a 18.00.

O Nadal Cultural comezará este sábado 16 de decembro (Pazo da Cultura, 18.00) co acto de entrega de premios do Concurso Postal e Cartel 2017, ao que seguirá o recital Cantos de Nadal, organizado pola Concellería de Cultura. Como en anos anteriores, participarán as agrupacións infantís do Coro Vagalume e Coro O Candil, que interpretarán un repertorio clásico de panxoliñas e tradicional de maitines.

Outra actividade destacada son as Noitiñas de Nadal (no adro da Igrexa, na Praza do Concello e na rúa Coruña, o 22 de decembro ás 20.30). Neste caso a Concellaría de Cultura colabora coa asociación cultural e xuvenil Arume de Berdillo,  as cantareiras da A.C. San Campio de Cances e as cantareiras Xoldreira de A.C.Nemeth.

Os máis pequenos volverán poñer outra nota musical no Concerto de Nadal dos alumnos do Conservatorio Carballo, no que actuarán o grupo de iniciación, o conxunto de violíns, a banda xuvenil e coro, a banda infantil, a orquestra de corda e Big Band. Será o xoves 21 de decembro, no Pazo, ás 19.00.

O programa non esquece aos maiores, que poderán acercarse ao Pazo, o domingo 17 de decembro e domingo 7 de xaneiro, ás 18.00, a bailar coa música de Rocío Pérez.

Once serán este ano as Cabalgatas de Reis, que percorrerán tanto o casco urbano como as parroquias de Carballo os días  5 e 6 de xaneiro. As cabalgatas das parroquias están organizadas polas súas de cada parroquia e contarán cunha subvención do Concello de Carballo. Na organización da  cabalgata de Carballo, o día 6, colabora, un Nadal máis, a Asociación Xuvenil Fogar da Xuventude. Patrocinan o CC Bergantiños-Hiper Gadis e La Caixa, que aportan os caramelos, e M. Caeiro S.A-Renault e Alquileres Reneymar, que proporcionan os vehículos que guían as carrozas e as infraestruturas complementarias para a carpa onde os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas.

INFORMACIÓN DE INTERESE

ENTRADAS NADAL PEQUESPECTACULAR 

  • RESERVA DE ENTRADAS: do 18  ao 21 de decembro na Biblioteca do Rego da Balsa / Máx. 4 por persoa.
  • OS DÍAS DA FUNCIÓN EN BILLETEIRA RECOLLIDA DE RESERVAS: de 16.00 a 17.00
  • VENTA SEN RESERVA PREVIA: de 17.00 a 18.00. Pazo da Cultura / T. 981 704 300.
  • Prezo das entradas: 4€, 3€ e 2 €.

LUDOTECA MUNICIPAL
  • Xoves 14 OBRADOIROS AGASALLOS RECICLADOS De 3 a 8 anos / 11.30 h. / Inscrición previa na Biblioteca Rego da Balsa
  • Martes 19 COLAXE DE NADAL De 3 a 8 anos / 11.30 h. / Inscrición previa na Biblioteca Rego da Balsa
  • Xoves 21 OS XOGUETES ESQUECIDOS / CONTACONTOS De 3 a 8 anos / 11.30 h. / Inscrición previa na Biblioteca Rego da Balsa
  • Martes 26 COLAXE MESTURA DA NOSA ARTE De 3 a 8 anos / 11.30 h. / Inscrición previa na Biblioteca Rego da Balsa

BIBLIOTECA DE REGO DA BALSA
  • Xoves 19 PRESENTACIÓN LITERARIA SER MOUDOU MOUDOU DE CHEIKH FAYÉ Biblioteca Rego da Balsa / 19.30 h. / Entrada libre ata completar aforo
  • OBRADOIRO CONCURSO DECORACIÓN NADAL DE PASTEIS De 6 a 14 anos Biblioteca Rego da Balsa / 17.30 h. / Inscrición previa
  • Mércores 27 OBRADOIRO CREA OS TEUS XOGUETES RECICLADOS De 3 a 8 anos. Biblioteca Rego da Balsa / 17.30 h. / Inscrición previa
  • Xoves 28 CREBACABEZAS INVERNAIS De 3 a 8 anos. Biblioteca Rego da Balsa / 17.30 h. / Inscrición previa

ACTIVIDADES E INICIATIVAS DAS ASOCIACIÓNS
O Nadal Cultural inclúe tamén nacementos vivinte, recollida de xoguetes (Cruz Vermella), visitas do Apalpador ou “Historias de Inverno” (A. A. Senda Nova), así como actividades lúdicas para todas as idades no Casino de Carballo, a campaña de Cáritas na carpa no adro parroquial, cine, concertos e festivais para os máis cativos, tanto en Carballo como nas diferentes parroquias.
  • Apego: Este domingo 17 de decembro actuará no Pazo da Cultura María do Ceo, ás 18.00. Recollida de convites na Biblioteca Rego da Balsa.
  • Escola Oficial de Idiomas: Hoxe (Pazo da Cultura, 19.00, entrada de balde), a ópera "Une femme, un désir" (Proxecto Lova); e xoves 21 de decembro, o tradicional concurso de sobremesas e festa de Nadal.
  • Mercarte: Exposición e obradoiros de artistas de Carballo, organizado pola  Asociación Crea Formas. No Mercado de Abastos, os días 15, 16 e 17 de decembro.

Presentación do programa

José Manuel Naya, Evencio Ferrero e Marcos Trigo

José Manuel Naya, Evencio Ferrero e Marcos Trigo

O Nadal Cultural presentouse está mañá aos medios nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; e José Manuel Naya, responsable da cadea Todo Lar, patrocinadora do Concurso de Postais e Cartel de Nadal Concello de Carballo. Trigo debullou polo miúdo o programa, “onde os protagonistas son as nenas e os nenos do municipio”, e salientou actividades como o recital ‘Cantos de Nadal’, as ‘Noitiñas de Nadal’, o Concerto de Nadal dos alumnos do CMUS, o ‘NadalPequespectacular’ e as cabalgatas de Reis.

Naya salientou a “calidade de todos debuxos que se presentaron ao  Concurso de Postais e Cartel de Nadal” e animou a que os rapaces se siga presentando ao certame, “unha iniciativa que claramente debemos apoiar”.

O alcalde, que aproveitou para felicitar ás festas a todos os veciños, fixo balance do Concurso de Postais e Cartel de Nadal e lembrou quen foron os gañadores e os que obtiveron accésits nas dúas categorías. Nesta edición participaron 1.274  alumnos e alumnas de 10 centros de educación infantil e primaria de Carballo. “En conxunto’, dixo, “faise unha programación moi atractiva pensando na familia, pensando en que os máis novos veña gozar da cultura desde as primeiras idades. Sabemos que a programación infantil é moi recoñecida polas familias e son moitas as persoas que adoitan asistir ás actividades”.

Concurso de postal e cartel

Gañadores
Premio Postal de Nadal: David Nogareda Regueira, de 10 anos, do CEIP A Cristina
Premio Cartel de Nadal: David Castiñeiras López, de 6 anos, do CEIP Gándara-Sofán

Accésits
Paula Blanco Fernández, 3 anos, do  CRA Ponte da Pedra-Cances
Noa López Rodríguez, 11 anos, do CEIP Bergantiños
Chloe Souto Ávila, de 11 anos, do CEIP A Cristina
María Lobera Lista, de 7 anos, do CEIP Nétoma-Razo
Noa Pena Vázquez, de 10  anos, do CEIP A Cristina

Agradecementos

TODO LAR, por patrocinar os regalos do concurso de postal e cartel de Nadal. Aos patrocinadores da cabalgata de Reis: CENTRO COMERCIAL BERGANTIÑOS-GADIS HÍPER, LA CAIXA, M. CAEIRO S.A.-RENAULT e ALQUILERES RENEYMAR. Á XUNTA DE GALICIA- AGADIC – REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS.

Descargas



Galería

Compartir: