Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A comisión de festas celebrará o 9 de xaneiro a súa primeira reunión, aberta a todas as persoas e colectivos interesados

A concelleira Mar Eirís convida expresamente ao movemento asociativo

Venres 29 de decembro do 2017 San Xoán 2017

A Asociación Cultural San Xoán vén de celebrar a última reunión do ano para facer balance e empezar a engraxar a maquinaria de cara ás festas do 2018. A concelleira de Festas, Mar Eirís, destacou o éxito das celebracións deste ano, tanto en participación de público como en calidade e acollida do programa de actos, e tamén no cambio de formato para alongar as celebracións patronais a todo o mes de xuño.

Foto gañadora do concurso de Instagram

Foto gañadora do concurso de Instagram

Desde a orquestra Panorama, que comezou a caldear o ambiente xa o día 10, ata a Festa do Bosque, pasando polos multitudinarios concertos de Manel Fuentes e Bustamante, o programa do San Xoán conseguiu converter Carballo no centro de atracción de toda a Costa da Morte e mesmo de boa parte da provincia. A participación popular foi tamén moi alta nos concursos de cachelas, o Descenso do Anllóns e mesmo o de fotografías en Instagram, no que resultou gañadora, por votación popular, unha imaxe da procesión do día 25 realizada por Cristian Rama Costa. A fotografía publicarase na revista das festas do vindeiro ano.

A concelleira de Festas realiza un convite expreso aos veciños e veciñas e, dun xeito especial, ás entidades de todo tipo para que se integren na comisión que organizará as festas do 2018. Mar Eirís destacou a importancia de contar cun equipo amplo e variado para que o programa responda ás expectativas dos diferentes públicos. As persoas interesadas só teñen que chamar ao Pazo da Cultura (981 704 300) e deixar os seus datos para poder ser convocadas para a primeira reunión, que se celebrará o vindeiro 9 de xaneiro.

Compartir: