Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A Ludoteca Municipal dinamiza os primeiros días do ano con actividades abertas a nenas e nenos de todas as idades

Do 2 ao 5 de xaneiro poderán participar en xogos de mesa e crebacabezas cooperativos en horario de 11.00 a 13.00

Luns 1 de xaneiro do 2018

A Ludoteca Municipal está a converterse noutro dinámico espazo de ocio para os/as máis pequenos/as da casa. Ademais de todas as actividades que se veñen desenvolvendo nos últimos meses, neste Nadal estamos a levar a cabo un programa específico e aberto a todos os nenos e nenas, baseado no principio de prestar un servizo de calidade ás familias, con propostas que fomentan valores como a tolerancia, o respecto á diversidade, o compañeirismo, o coidado do medio natural... e que ao mesmo tempo permiten aos usuarios/as traballar diferentes destrezas.

Nesta última semana de vacacións para os/as escolares temos preparadas actividades comunitarias para todos os días. O 2 e o 4 faremos crebacabezas cooperativos, e o 3 e 5 divertirémonos con moitos e variados xogos de mesa. O horario de apertura será de 11.00 a 13.00 os catro días.

A partir da vindeira semana retomaremos a nosa programación habitual. A Ludoteca Municipal é un espazo de aprendizaxe e ocio infantil que ao longo do curso ofrece unha programación estable para nenos e nenas de 3 a 8 anos, con actividades que se desenvolven todos os martes e xoves de 17.30 a 18.30 e para as cales é preciso realizar inscrición previa na Biblioteca Rego da Balsa ou enviando un e-mail a biblioteca@carballo.gal. Os luns, mércores e venres a ludoteca abre no seu horario habitual, sen límite de idade, pero cun aforo limitado de 15 nenos/as coas súas familias.

Compartir: