Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

HOXE E MAÑÁ, NOVAS PROXECCIÓNS NO PAZO DA CULTURA

Cheo no auditorio da Biblioteca Rego da Balsa na xornada inaugural do festival de cine euroárabe “Amal en Ruta”

Evencio Ferrero felicitou á sociedade carballesa porque está a demostrar “que Carballo é cultura e que a cultura hai que interpretala dunha maneira moi diversa e moi aberta”

Venres 19 de xaneiro do 2018

O festival de cine euroárabe Amal en Ruta comezou co auditorio da Biblioteca Rego da Balsa cheo. Esa gran resposta do público recibiu a gratitude tanto da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas como do Concello de Carballo, que viaxan xuntos por primeira vez neste proxecto cultural e social.

Antes da primeira proxección, Gaza Surf Club, tomaron a palabra representantes de ambas institucións para presentar esta nova proposta, que, como sinalou o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, vén reforzar a programación anual do Concello de Carballo e a completar, xunto co teatro, a música, a arte ou a danza, unha oferta audiovisual de gran calidade na que tamén se integra o festival Carballo Interplay.

Nacho Varela transmitiu o agradecemento da Fundación Araguaney ao Concello de Carballo e ao público

Nacho Varela transmitiu o agradecemento da Fundación Araguaney ao Concello de Carballo e ao público

Carballo é unha das catro sedes galegas de Amal en Ruta, que, como explicou Nacho Varela, representante da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, é un resumo da Semana de Cinema Euroárabe Amal, que se vén celebrando desde hai 15 anos en Santiago. Nacho Varela agradeceu “o compromiso do Concello de Carballo coa cultura e co audiovisual” e a masiva resposta do público, ademais de ofrecer unha pequena explicación sobre o contido do documental Gaza Surf Club.

Pola súa banda, Evencio Ferrero quixo recoñecer publicamente o traballo que vén desenvolvendo a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e a gran resposta do público. “A sociedade de Carballo está a demostrar que Carballo é cultura, e a cultura hai que interpretala dunha maneira moi diversa, moi aberta. Desfrutemos, por tanto, do Amal e desa esperanza común en que as inxustizas do mundo vaian desaparecendo e que os pobos que teñan que vencer, venzan”.

Despois desta primeira sesión, o festival trasládase ao Pazo da Cultura, onde poderán verse esta fin de semana outros dous documentais. Hoxe, Cairo Jazzman e mañá, Cartas desde Baghdad. A vindeira semana haberá outras tres películas, neste caso de ficción, que completan este percorrido polo mellor cine árabe da actualidade.

Descargas

Compartir: