Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Máis de 8.000 euros en premios, bailes, obradoiros, humor e cocidos para celebrar o Entroido máis divertido e sabedor

A festa máis transgresora, como a cualificou Evencio Ferrero na presentación do programa, trata de implicar a público de todas as idades e de todo o territorio

Martes 23 de xaneiro do 2018

Evencio Ferrero e Marcos Trigo presentaron hoxe o programa

Evencio Ferrero e Marcos Trigo presentaron hoxe o programa

Case sen tempo a dixerir o turrón, xa empeza a recender a lacón, filloas e grelos. Pero este ano en Carballo non só imos darnos un atracón gastronómico, senón tamén cultural. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, presentaron hoxe o programa de actividades que se desenvolverá durante a festa máis transgresora, como a definiu o propio Ferrero. “O Entroido é unha festa para desfrutar, para estar na rúa, para transgredir”, manifestou. E con eses obxectivos está deseñado un completo cartel no que colaboran distintos departamentos municipais e o tecido asociativo do noso concello.

Porque coas actividades de Entroido, ademais de implicar a público de todas as idades, tamén tratamos de estender a festa a todo o territorio, e nese sentido o alcalde destacou moi positivamente o feito de que cada vez sexan máis as entidades das parroquias que se suman ás celebracións dinamizando, como se pretendeu desde a súa creación, a cada vez máis ampla rede de centros sociais do noso concello.

O Entroido en Carballo arrancará o xoves 8 de febreiro cos obradoiros infantís que se van celebrar no CEIP Canosa-Rus, pero tedes todos os detalles no programa que se adxunta. Un dos días grandes será o domingo 11, co concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas, que presentará o actor Pepo Suevos e no que repartiremos máis de 8.000 euros en premios. Mañá mércores abre o prazo de inscrición, e tanto o impreso como as bases de participación poden descargarse ao final desta nova. A orquestra Trébol e Rocío Pérez animaran os bailes organizados pola Concellaría de Terceira Idade para o domingo e o martes de Entroido, que este ano será festivo local. E o martes, ademais, celebraremos o Enterro da Sardiña, que cada ano acada máis sona e maior participación. E xunto a esas dúas actividades de referencia, o Entroido en Carballo tamén contará con charangas, concursos, regueifa, obradoiros, chocolatada, doces e cocidos. En definitiva, non faltará de nada!

O concelleiro de Cultura animou a toda a veciñanza a participar, a saír ás rúas e a desfrutar das actividades programadas para estes días. E tanto Marcos Trigo como Evencio Ferrero felicitaron a Juan Gende, deseñador do cartel, por conseguir que "Tony Manero se pase ao lado escuro" para gozar do Entroido en Carballo.

Descargas



Galería

Compartir: