Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

COMEZA A VENDA DE BONOS

Os Venres Culturais chegan cargados de “culturalina”, coa dose xusta para manter unha boa saúde cultural durante o inverno

15 propostas culturais con “pílulas” de teatro, monicreques, música, fotografía ou artesanía encherán as fins de semana desde o Entroido ata a Semana Santa

Mércores 7 de febreiro do 2018 Cultura

Evencio Ferrero, Jacobo Sutil e Marcos Trigo, examinando as pílulas de

Evencio Ferrero, Jacobo Sutil e Marcos Trigo, examinando as pílulas de "culturalina"

Nestes días de frío e catarreiras, a Concellaría de Cultura de Carballo sorpréndenos cun medicamento novo que nos vai axudar a manter a boa saúde cultural durante o que queda de inverno. A culturalina administrarase nos Venres Culturais, en pequenas doses de teatro, monicreques, música, fotografía ou artesanía, e podemos asegurar que é do máis efectivo que atoparedes no mercado. Se non queredes quedar sen a vosa pílula de culturalina, empezade xa a reservar os bonos a partir do xoves 8 nas oficinas do Pazo da Cultura (981 704 300).

Este ano a programación é un pouco máis curta do habitual “polas obras que se están desenvolvendo no auditorio”, tal como explicou o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, na presentación, pero gaña en intensidade, con 15 propostas entre as cales figuran tres espectáculos infantís do ciclo En Familia, tres funcións de teatro para adultos/as, dous concertos ou dúas exposicións. O xoves 8, precísamente, inaugúrase no andar -1 do Pazo da Cultura unha mostra fotográfica do colectivo Aula K, e este mesmo día abre o prazo de inscrición para presentar obras ao Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.

A estabilidade, despois de 15 edicións, a diversidade e a calidade volven a ser as características distintivas dos nosos Venres Culturais, cos que encheremos as fins de semana desde o Entroido ata a Semana Santa. Arrincaremos o 23 de febreiro con Elisa e Marcela, a historia do primeiro matrimonio entre mulleres de España contada pola compañía A Panadaría, e remataremos o 23 de marzo con Casa O’Rei, de Ibuprofeno Teatro. No documento adxunto atoparedes a programación completa.

O alcalde de Carballo, que tamén asistiu á presentación do programa, expresou o seu compromiso co mantemento dunha programación estable ao longo de todo o ano coa colaboración da Agadic, como neste caso, ou da Deputación da Coruña. “Pensamos que a cultura hai que trasladala á sociedade, porque ao fin e ao cabo é un termómetro perfecto da saúde dunha sociedade, e como aquí o que queremos é dar saúde, dar culturalina, e que esa saúde cultural permita que a sociedade sexa no seu conxunto moito máis dinámica, viva e crítica tamén”, manifestou Evencio Ferrero.

Na presentación do programa tamén participou o director da Agadic, Jacobo Sutil, que asegurou que o Concello de Carballo é un exemplo en Galicia pola súa programación cultural e animou aos veciños e veciñas a participar. “Estou seguro de que o público vai responder”, sinalou.

O ano pasado asistiron aos espectáculos dos Venres Culturais un total de 2.500 persoas. E neste 2018 “queremos –sinalou Marcos Trigo- que Carballo siga sendo un punto de encontro e referente comarcal”.

Descargas

Compartir: