Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Arranca en Carballo a xira de “Divinas Palabras Revolution”, un gran espectáculo do Centro Dramático co selo de Chévere

O Pazo da Cultura acolle mañá venres unha das poucas actuacións da compañía en Galicia cunha versión moi actual e divertida do clásico de Valle-Inclán

Xoves 3 de maio do 2018

Se mesturamos a Valle-Inclán, o “toque” inconfundible de Chévere, a posta en escena do Centro Dramático Galego e un equipo técnico e artístico de primeira non pode saír outro resultado que non sexa un gran espectáculo. Divinas Palabras Revolution de verdade que o é. E ademais temos a sorte de que Carballo sexa a primeira parada dunha xira que inclúe, entre outras paradas moi seleccionadas, o Teatro Español de Madrid do 17 ao 27 deste mes.

O Centro Dramático Galego proponnos unha versión moi actual e divertida dunha obra clave da nosa literatura. Tal como expón o director, Xron, “se é o escenario o que crea a situación, como dicía Valle-Inclán, a nosa aldea agora será un plató de televisión, e as vidas dos seus habitantes un exercicio de exhibicionismo auto compracente formateado como un reality: un espazo de acción tan controlado como a aldea de Divinas palabras”.

Sobre o escenario do auditorio do Pazo da Cultura poderemos ver a actores e actrices á altura da proposta: Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez integran o elenco desta gran produción, que ten revolutionado o Pazo da Cultura durante esta semana. Un total de oito persoas do equipo do Centro Dramático Galego, ademais do persoal do Concello de Carballo, están a traballar desde hai xa uns días xa na montaxe para que poidamos gozar dun gran espectáculo.

A cita é mañá venres, ás 21.00 horas. A entrada custa 4 euros (3 para os colectivos con prezo reducido). Non esquezas mercar a túa en www.ticketea.com, no 902 044 226 ou na billeteira do Pazo da Cultura desde 90 minutos antes da actuación. Un luxo ao alcance de todas e todos!

Vídeos

Compartir: