Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A nova imaxe, a calidade do programa e o pregón de Sés auguran unha Praza dos Libros que dará moito que falar

A feira da creatividade cultural de Carballo celebrarase do 5 ao 8 de xullo no Xardín Municipal

Martes 19 de xuño do 2018

Sés será a pregoeira da Praza dos Libros

Sés será a pregoeira da Praza dos Libros

Este ano a Praza dos Libros dará moito que falar, e non só porque durante catro días pasarán por Carballo autores e autoras de máxima actualidade, actuacións musicais de primeira liña e grandes espectáculos para todos os públicos, senón porque combinamos todo iso cunha imaxe renovada e, como podedes comprobar botándolle unha ollada ao cartel, ata certo punto inspirada na pregoeira de excepción coa que contaremos nesta edición: Sés.

María Xosé Silvar regresa unha vez máis a terras carballesas, onde ten raíces, para inaugurar a nosa Praza dos Libros o vindeiro 5 de xullo. Só catro días despois de pechar o San Xoán cunha das actividades máis carballesas de todo o programa, a Festa do Bosque, desde a concellaría de Cultura, que conta coa colaboración da Fundación Luis Calvo Sanz, continuamos a festa, neste caso a festa da creatividade cultural.

A Praza dos Libros encherá de animación o Xardín Municipal entre o 5 e o 8 de xullo. Teremos presentacións literarias, gastronomía, música, obradoiros, agasallos... Todo iso reunido nun programa que vos presentaremos en breve. Seguide atent@s!



Galería

Compartir: