Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

ESTE VERÁN #BIBLIONÍZATE!

O virus da lectura esténdese ao litoral coa instalación de puntos de “bookcrossing” nas praias de Razo e Pedra do Sal

As dúas zonas de recollida e entrega de libros están situadas nos postos de salvamento e socorrismo

Mércores 11 de xullo do 2018

Despois da Praza dos Libros, seguimos empeñados en que o virus da lectura chegue este verán a todos os recunchos, e, por suposto, tamén ao noso litoral. Durante toda a temporada estival, as persoas que se acheguen ata as praias de Razo e Pedra do Sal atoparanse cunha grata e moi enriquecedora sorpresa grazas a unha nova iniciativa impulsada pola Concellería de Cultura, que consiste na instalación de dous puntos de intercambio de libros nos que se poderán recoller e depositar exemplares de balde. Deste xeito, os e as veraneantes, ademais de pasear, bañarse e tomar o sol (se o tempo o permite), poderán desfrutar das lecturas máis refrescantes do ano á beira do mar gozando dos libros tamén durante o verán.

A iniciativa, inspirada no bookcrossing, pretende converter os nosos areais nunha gran biblioteca ofrecendo aos visitantes un servizo publico de lectura sen necesidade de que ninguén teña que traer o libro da casa. O funcionamento é moi sinxelo e consiste en tres pasos: atopa, le e libera. Para atopar os libros abonda con achegarse ao puntos de intercambio, instalados nas bases de salvamento e socorrismo de Razo e Pedra do Sal, e rexistralos. Unha vez seleccionado o exemplar, o usuario/a poderá levalo consigo e desfrutar da súa lectura onde e cando queira. Finalmente, o libro liberarase deixándoo no mesmo punto ou noutra zona oficial bookcrossing.

Entre o volume de exemplares xa liberados atópanse todo tipo de títulos dirixidos ao público xuvenil e adulto.

Polo ben de todos/as, e para que este servizo poida ter continuidade, desde a Concellería de Cultura prégase aos usuarios/as que fagan un uso correcto dos libros.

Compartir: