Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

DO 11 DE SETEMBRO AO 2 DE OUTUBRO

Chega ao Pazo da Cultura a exposición do 13º Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado

A colección gañadora, "Mascaritas. Carnaval solitario", ofrécenos unha mirada singular ao mundo do Entroido galego

Venres 31 de agosto do 2018

O Premio Luis Ksado, promovido pola Deputación Provincial da Coruña, non só é un premio de fotografía. A proposta vai máis alá, xa que supón unha aposta pola fotografía máis próxima, o documentalismo, o foto-xornalismo... En definitiva, por unha serie de imaxes que contan unha historia e amosan a capacidade narrativa e de comunicación da linguaxe fotográfica. Despois de 13 edicións, estamos ante un dos certames de referencia no eido da fotografía, e nas vindeiras semanas teremos a oportunidade de deleitarnos coas imaxes seleccionadas en Carballo.

Desde o 11 de setembro ata o 2 de outubro poderemos desfrutar no 3º andar do Pazo da Cultura de Mascaritas, o entroido solitario, de Xoán Crespo, autor galardoado nesta 13ª edición por unha colección que na que ofrece unha visión moi particular e orixinal do entroido galego. A súa obra foi escollida entre as 95 coleccións presentadas, o que reflicte o prestixio do premio.

Ademais de recoñecer e impulsar o traballo dos/as fotógrafos/as, o Luis Ksado tamén trata de contribuír á difusión da cultura da imaxe, e moi especialmente de poñer en valor o foto-xornalismo e a fotografía documental.

Palmarés

GAÑADOR

  • Mascaritas, o entroido soliario, de Xoán Crespo
FINALISTAS 
  • Paradiso, de Carmen Aguado
  • El éxodo cristiano de Irak, de JM López
  • La persistencia del desierto, de Fuco Reyes
  • Love after the quake, de Noela Riobás
  • Entre caladas, de Manuel C. Touza
  • Ice guys, de Manuel Valcárcel

Descargas

Compartir: