Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

AÍNDA QUEDA MOITO FIOT PARA DESFRUTAR DO TEATRO!

Manuel Lourenzo recibiu o Xograr de Outono, que recoñece a súa entrega ao teatro durante máis de cincuenta anos

O dramaturgo, director, actor, promotor e formador teatral recolleu o galardón este domingo nun acto ao que asistiu o conselleiro de Cultura

Luns 22 de outubro do 2018

Manuel Lourenzo xa forma parte do FIOT. O dramaturgo, director, actor, promotor e formador teatral recolleu este domingo o Xograr de Outono, un recoñecemento ao seu compromiso co teatro e á súa entrega a unha profesión na que leva máis de cincuenta anos. O acto, presentado pola xograresa do ano pasado, Mónica Caamaño, contou coa presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que fixo entrega do premio.

Con este premio o FIOT quere recoñecer a un dos principais referentes do teatro en Galicia. Pero tamén para o público de Carballo Manuel Lourenzo é unha das figuras máis emblemáticas, cunha presenza continua desde as primeiras representacións de teatro galego coas súas diferentes compañías e proxectos, e nos últimos anos con Casahamlet que actuou en moitas ocasións na nosa vila.

Manuel Lourenzo entrou deste xeito nunha selecta lista na que tamén figuran Roberto Vidal Bolaño, Artur Trillo, Celso Parada, Víctor Mosqueira, Quico Cadaval, Dorotea Bárcena, Cándido Pazó, Paula Carballeira, Marcelino de Santiago “Kukas”, Alberto Gende, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, Susana Dans, Miguel de Lira e Mónica Caamaño.

A entrega do Xograr do Outono é un dos actos máis emotivos do FIOT, pero o noso festival segue adiante con moito aínda por desfrutar. Entra na ligazón e descúbreo!

Ligazóns

Compartir: