Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Carballo agradece á familia de Alfredo Brañas a cesión dunha parte do seu legado

O 11 de xaneiro cumpriranse 160 anos do nacemento do escritor en Carballo

Luns 12 de novembro do 2018

A familia de Brañas cos autores do cadro e a escultura

A familia de Brañas cos autores do cadro e a escultura

Un emotivo acto, celebrado no salón de plenos da Casa do Concello coa presenza de representantes da corporación municipal, serviu para agradecer á familia de Alfredo Brañas a doazón ao Concello dunha parte do legado do fillo ilustre e predilecto de Carballo. O recoñecemento foi promovido pola plataforma para a difusión da figura e obra de Brañas. O vindeiro 11 de xaneiro cumpriranse 160 anos do seu nacemento en Carballo.

Na homenaxe, presidida polo alcalde, interviñeron o propio Evencio Ferrero; o historiador Xan Fraga; Jorge Mira, físico e pregoeiro das Festas do San Xoán 2018; Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña; José Cameán Vázquez, coordinador da plataforma; o músico Miro Casabella, e e Santiago González Brañas, sobriño neto do ideólogo do rexionalismo galego.

Durante o acto fíxoselle entrega a González Brañas dun busto e dun cadro do escritor, obras dos artistas Isa Fernández e Miguel Anxo Calvo, O'Mighelo, respectivamente, así coma das partituras dun poema de Alfredo Brañas musicado por Casabella a petición dun dos fundadores de Xocaloma, Juan Carlos Díaz. González Brañas agradeceu os agasallos, que sumará ao legado xa doado a Carballo.

A homenaxe rematou co desexo, expresado por Evencio Ferrero, de que “a honra de Brañas perdure ao longo dos tempos”

Todos os participantes foron especialmente eloxiosos con Brañas nas súas intervencións. “O mesmo que está enterrado no Panteón de Galegos Ilustres, o que para nós é unha honra, debería ser tratado tamén como ilustre de Galicia e España”, declarou Cameán.

Jorge Mira situou a Brañas no contexto do século XIX, “cando aínda non existía unha idea moi clara de Galicia, foi sobre todo Brañas quen contribuíu a afirmala”. “Xunto con Murguía, foi unha figura clave do galeguismo”, dixo Xan Fraga. “Sempre tivo Galicia como norte. Para Carballo e Galiza enteira, a figura de Brañas ten que ocupar un posto sobranceiro», afirmou o catedrático Freixeiro Mato.

“Brañas esperta a conciencia que hai en min”, confesou Miro Casabella, quen explicou os detalles das partituras da canción que musicou: “Contei coa colaboración de Fernando Fraga; son partituras para cantos feminino e masculino, acompañados por zanfona, e tamén para óboe, fagot e acordeón”.

A homenaxe rematou co desexo, expresado por Evencio Ferrero, de que “a honra de Brañas perdure ao longo dos tempos”.



Galería

Compartir: