Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Chega a Carballo o obradoiro “Creactivity” para fomentar o deseño e a creatividade entre a poboación escolar

A unidade móbil do proxecto promovido pola Obra Social LaCaixa estará na Praza do Concello os días 12, 13 e 14 deste mes

Mércores 7 de agosto do 2019

A unidade móbil de

A unidade móbil de "Creactivity"

Carballo acollerá do 12 ao 14 deste mes a unidade móbil de “Creactivity”, un proxecto itinerante da Obra Social La Caixa que ten por obxecto fomentar o deseño e o desenvolvemento de solucións orixinais para problemas sinxelos. Os obradoiros desenvólvense no interior dun autobús adaptado e equipado con bancos, mesas de traballo e diversas probas dispostas para os/as participantes.

Creactivity” é un espazo deseñado para espertar o enxeño, a destreza e a creatividade da poboación escolar de 6 a 16 anos, é dicir, de primaria e secundaria. Un facilitador guía aos nenos e nenas a través dun proceso de creación ao que tamén están convidadas as persoas adultas que os/as acompañen. As sesións teñen unha duración estimada de 90 minutos. Os obradoiros desenvolveranse de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, e o teléfono de información para as familias interesadas é o 900 101 493.

Interior do autobús

Interior do autobús

O espazo está caracterizado pola súa compoñente lúdica e de colaboración. Conta con diferentes áreas (mecánica, vento, electricidade, luz...) que permiten desenvolver distintas habilidades. Os nenos e nenas poderán investigar cos materiais, planificar, crear novos deseños ou buscarlles novas funcións a través de propostas abertas e interdisciplinarias que abranguen a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría, as artes e as matemáticas, aínda que tamén se traballan outras competencias máis transversais como hábitos de aprendizaxe cooperativa, autocoñecemento para a aprendizaxe ou creación e realización de proxectos.

O sistema de aprendizaxe de “Creactivity” está inspirado no movemento “Tinkering” do Exploratorio de San Francisco, e forma parte do programa EduCaixa, que chega a Carballo en colaboración co Concello.



Galería

Compartir: