Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

ESTE ANO PRESENTÁRONSE 148 OBRAS DE 63 PARTICIPANTES

O pontevedrés Antonio Gutiérrez Pereira, gañador do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís na súa 22ª edición

O xurado decidiu galardoar tamén as obras presentadas por Noé Blanco Carracedo (2º premio), Fernando Román Areán (Premio Especial Carballo), Xavier Ferrer Chust e Camila Guadalupe Pitrelli Vázquez (accésits)

Venres 25 de decembro do 2020

Antonio Gutiérrez Pereira, na entrega de premios do 2018

Antonio Gutiérrez Pereira, na entrega de premios do 2018

O fotógrafo pontevedrés Antonio Gutiérrez Pereira, que estivo en Carballo no ano 2018 para recoller un accésit do 20º Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, vén de acadar agora o primeiro premio da 22ª edición, dotado con 1.500 euros e diploma, pola imaxe titulada Reconquista. Nos dez anos que leva detrás do obxectivo conseguiu crear un estilo propio de retratos, cun “toque conceptual e surrealista”, como el mesmo o define, pero nesta ocasión preséntanos unha paisaxe na que simboliza como a natureza “reconquista” o espazo arrebatado polo ser humano.

O segundo premio, dotado con 750 euros e diploma, e patrocinado pola Fundación Luís Calvo Sanz, é para Noé Blanco Carracedo (A Rúa-Ourense) polo seu traballo Estructura dual. O Premio Especial Carballo (500 euros e diploma) será entregado este ano a Fernando Román Areán, do Milladoiro (Ames), pola fotografía titulada O paraíso de Eva. Ademais, o xurado decidiu conceder dous accésits (150€ e diploma para cada un deles), patrocinados por Interfilm Carballo, ás fotografías En el campo, de Xavier Ferrer Chust, de Vila-Real (Castellón), e Mestura secular, da carballesa Camila Guadalupe Pitrelli Vázquez.

O xurado reuniuse o 4 de decembro no Pazo da Cultura

O xurado reuniuse o 4 de decembro no Pazo da Cultura

O xurado, que se reuniu o 4 de decembro no Pazo da Cultura, estivo presidido pola concelleira Milagros Lantes Seara, e contou coa participación de Ángel Cordero Gómez, fotógrafo e profesor da Escola de Imaxe e Son de A Coruña; Juan José Varela Barbeito, fotoxornalista, responsable de producción de Photo España e co-creador e co-director de FFoco Festival de Fotografía da Coruña; Ignacio Romero Sánchez, fotógrafo e profesor de fotografía da Escola de Imaxe e Son da Coruña; Esther Chamoso Lázaro, artista plástica e arquitecta técnica; Ramón Varela Rodríguez, en representación da Asociación Cultural Escola do Alprende, e Carmen Castro Pombo, xefa do servizo de Cultura do Concello de Carballo, en calidade de secretaria do xurado.

Este ano participaron no certame 63 fotógrafos e fotógrafas, cun total de 148 obras. Nos vindeiros meses, en función da evolución da situación sanitaria, realizarase unha exposición coas obras gañadoras (podes velas na galería inferior) e unha selección realizada polo xurado.



Galería

Compartir: