Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A rapazada que participa na versión virtual do proxecto “A vila do mañá” sae á rúa para “Darlle cor a Carballo”

Esta fin de semana construíron un espazo de xogos con fíos de cores no parque de San Martiño e hoxe empezaron a traballar para o muro vexetal que crearán o día 30

Luns 28 de decembro do 2020

Enmarcando Carballo

Enmarcando Carballo

Aínda que parte das actividades se desenvolven de maneira virtual, o proxecto “A vila do mañá” implica o contacto directo coa contorna na que se desenvolve. O luns pasado, os 34 nenos e nenas que finalmente participan na iniciativa recolleron as súas caixas cos materiais necesarios para traballar ao longo das vacacións de Nadal, e a verdade é que a primeira semana aproveitárona moi ben.

Xogando no San Martiño

Xogando no San Martiño

Despois de practicar na casa creando estruturas con fíos de cores, o sábado “tomaron” o parque de San Martiño coas súas madeixas de la, e, coa axuda do equipo técnico do proxecto, convertérono nun enorme espazo lúdico. Con outro dos elementos que contén a caixa, un marco de papel, esta semana tamén empezaron a “enmarcar” os elementos arquitectónicos que son importantes para eles. “Levei unha grata sorpresa, porque por primeira vez aparece Derrubando muros con pintura dentro dos marcos, algo que na edición do 2018 non sucedera”, destaca a arquitecta Sandra González Álvarez, directora de “A vila do mañá”.

O próximo reto colectivo será a construción dun muro vexetal na rúa Vila de Noia este mércores 30. Hoxe os nenos e nenas empezaron a traballar para preparar os recipientes nos que se plantarán as sementes co material que inclúe a caixa. O equipo do proxecto escolleu tres lantas diferentes -cabaza, millo e feixóns- para que medren no primeiro “horto” vertical urbano.

Aínda que quedan moitas actividades para facer na casa, a rapazada volverá a saír á rúa o 4 de xaneiro para a última proposta colectiva, que consistirá en pintar un muro na rúa Coruña. O obxectivo desta edición do proxecto “A vila do mañá”, cuxo principal obxectivo é implicar aos nenos e nenas no deseño do Carballo do futuro, é “Dálle cor a Carballo”.

Compartir: