Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

#FIOT30

A estrea absoluta de "O espello que arde", no FIOT Fónico, e a apertura do programa de sala con "Déjà vu" de Manolo Alcántara, pratos fortes da finde

Os bonos esgotáronse nunha hora, pero mañá xoves actívase a venda das entradas individuais e dobres a través de ataquilla.com

Mércores 29 de setembro do 2021

"Déja vu" gañou o FETEN 2021 á adaptación de técnicas circenses á nova dramaturxia

A 30ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo afronta a súa primeira fin de semana de outubro con tres estreas absolutas e a apertura do Programa de Sala da man dunha das compañías máis queridas polo público de Carballo: a Cía. Manolo Alcántara presentará Déjà vu, peza gañadora do FETEN 2021 á adaptación de técnicas circenses á nova dramaturxia.

Circo, música en directo, teatro de obxectos, monicreques, danza, teatro, clown... conflúen na maxistral Déjà vu, o espectáculo de apertura do Programa de Sala, unha proposta apta para todos os públicos que se poderá ver no Pazo da Cultura, a partir das 20.30 horas deste sábado 2. Gran destreza física, e unha potente linguaxe visual e sonora, conforman o fascinante universo construído polo artista e artesán Manolo Alcántara, un referente nacional do novo circo.

Gravación de

Gravación de "O espello que arde"

Mais a fin de semana comezará coa estrea absoluta de O espello que arde (venres 1 de outubro, ás 19.00 e 20.00h), o proxecto protagonista da segunda edición do FIOT Fónico, a liña de programación coa que o certame experimenta con novas linguaxes e conxuga as artes escénicas co espazo urbano: o FIOT Fónico procura introducir á cidade no teatro a través das posibilidades que ofrecen as novas ferramentas tecnoloxicas. Así, o espazo público de Carballo torna en protagonista da escenografía dunha peza de trama policíaca que se pode escoitar a través de dispositivos móbiles e que, nesta ocasión, é obra de María Lado.

O espello que arde é unha sorte de ‘spin-off’ de A lúa, válvula de spray, o espectáculo que abriu o pasado 2020 o FIOT Fónico, e que parte da personaxe de Leo (interpretada por Santi Romay). Unha sucesión de feitos, cunha investigación policial polo medio, conforman a trama desta función sonora. Na web oficial do FIOT é posible consultar como reservar praza para acceder ás funcións -gratuítas- de O espello que arde: https://fiot.gal/programa/o-espello-que-arde/.

A estrea absoluta de O espello que arde, que terá lugar nunha sesión especial o venres 1 ás 19.00 horas, contará coa participación do director e responsable do espazo sonoro, Marcos PTT, a autora, María Lado, o director, Quico Cadaval, e algúns dos intérpretes desta experimentación sonora. As funcións desta nova peza do FIOT Fónico terán lugar todos os venres e sábados de outubro, ás 19.00 e 20.00h, así como os domingos e festivos do mes (día 12), ás 13.00 e 19.00h.

A nova edición do FIOT Fónico acompañarase, tamén, da recuperación da primeira edición,  presentada o pasado outono: A lúa, válvula de spray, unha dramaturxia de Rosalía Fernández Rial dirixida por Quico Cadaval e que contou, no seu reparto, con Melania Cruz, María Roja e o propio Santi Romay. O público terá á súa disposición esta peza nos seus dispositivos móbiles, de forma gratuíta a través da app Carballo a un paso, e poderá realizar o paseo sonoro de xeito individual e sen necesidade de solicitar cita previa.

Venda de entradas para o Programa de Sala

Este martes, 28 de setembro, activouse a venda dos bonos do Programa de Sala, os billetes para todos os espectáculos desta liña de programación, entre os que se inclúen as propostas de Manolo Alcántara, Yllana ou Ron Lalá, entre outras, e que terán lugar a partir do 2 de outubro no Pazo de Cultura de Carballo. Os bonos esgotáronse nunha hora. Mañá xoves, 30 de setembro, a partir das 17.00 horas, sairán á venda as entradas individuais para o Programa de Sala e tamén para outra das grandes novidades desta 30ª edición: o FIOT en Ruta, dous espectáculos coas compañías Berrobambán (A carreta pantasma) e Chévere (As fillas bravas e o mito de Casandra) e que terán lugar os días 8 e 12 de outubro nos centros sociais de Cances e Berdillo.

AXENDA FIOT

01.10.2021 | 19.00 horas e 20.00 horas
Praza do Concello
OTNI | FIOT Fónico: O espello que arde ESTREA ABSOLUTA

01.10.2021 | 20.00 horas 
Rúa Jacinto Amigo
Teatro de Rúa | A vela circo: A corda 

01.10.2021 | 21.00 horas
Espazo Xove Carballo
Rúa dos Contos | Ángela Triana: Desta sairemos mellores ESTREA ABSOLUTA

01.10.2021 | 23.00 horas
Casino 1889
Rúa dos Contos | Arantxa Treus: Sexo débil, o carallo!

02.10.2021 | 20.30 horas
Pazo da Cultura - Auditorio
Programa de Sala | Manolo Alcántara: Déjà vu

02.10.2021 | 22.00 horas ESTREA ABSOLUTA
03.10.2021 | 19.00 horas

Pazo da Cultura - Salón de Actos
Rúa dos Contos | Talía Teatro: A parábola do angazo

Ligazóns

Compartir: