Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Aberto do 10 ao 19 de novembro o prazo de inscrición para a Aula de Teatro do Concello de Carballo

Descarga o impreso de solicitude ao final desta nova e sube ao escenario!

Mércores 10 de novembro do 2021

Do 10 ao 19 de novembro estará aberto o prazo de inscrición no curso 2021-22 da Aula Municipal de Teatro. A oferta da Concellaría de Cultura, como nas últimas edicións, é de 25 prazas para maiores de 18 anos. Os e as aspirantes teñen a obriga de asistir con regularidade e puntualidade ás clases e participar, como mínimo, en dúas das actividades de intervención teatral propostas: Enterro da Sardiña, Programa das Letras, FIOT ou animación infantil, entre outras.

En canto aos criterios de selección, en primeiro lugar terán preferencia os e as participantes na anterior convocatoria e, en segundo lugar, considerarase a orde de inscrición. Coas persoas non admitidas elaborarase unha lista de agarda que se convocará para cubrir posibles baixas.

Ademais da orde de inscrición, en función das necesidades dos proxectos, que se estean realizando para a selección dos e das suplentes, poderán terse en conta as características persoais dos mesmos que a dirección da aula xustifique como necesarios.

As clases impartiranse todos os xoves, ata o mes de setembro do 2022, no Pazo da Cultura. Os horarios serán de 18.00 a 20.00 para os ensaios dos obradoiros de teatro e de 20.00 a 22.00 para a preparación do espectáculo en equipo.

Descarga máis abaixo a ficha de inscrición.

Descargas

Compartir: