Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O FIOT acada un novo recoñecemento ao situarse entre os dez proxectos culturais máis relevantes de Galicia

358 expertos de todo o Estado participaron na consulta anual do Observatorio da Cultura para escoller “O mellor da cultura” do ano 2021

Venres 11 de febreiro do 2022

O Festival Internacional Outono de Teatro - FIOT acada un novo recoñecemento ao situarse no top 10 dos proxectos culturais máis relevantes de Galicia no ano 2021. O ránking que vén de presentar a Fundación Contemporánea é a consecuencia da consulta anual realizada polo Observatorio da Cultura a un panel de expertos formado por máis de mil profesionais da cultura de primeiro nivel. Nesta ocasión participaron 358 dos ámbitos público, privado e independente, e froito das súas valoracións coñecemos O mellor da cultura.

O FIOT figura entre os 10 proxectos culturais máis importantes de Galicia dende o primeiro informe emitido polo Observatorio da Cultura, cuxo principal obxectivo é dar visibilidade a unha oferta cultural moi ampla, diversa e de gran calidade ao longo de todo o territorio estatal, mesmo en momentos de tanta dificultade como os que vimos de vivir, e nese sentido tamén se pretende recoñecer o esforzo realizado por institucións, organizacións e profesionais para seguir producindo cultura.

O recoñecemento do FIOT resulta especialmente relevante debido a que os/as integrantes do panel sinalan ata 10 institucións e acontecementos culturais como os máis destacados do ano de referencia, nunha consulta aberta na que non se aporta ningún nome. Nesta ocasión, no ránking estatal non figura ningunha actividade de Galicia, e no autonómico sitúanse nos 9 primeiros postos, por esta orde, o Teatro Rosalía de Castro, a Cidade da Cultura, Cineuropa, o Centro Galego de Arte Contemporánea, Festival de Cans, Culturgal-Feira das Industrias Culturais, Festival Sinsal de San Simón de Redondela, Mostra de Cinema Periférico A Coruña e Real Filharmonía de Galicia, o que converte ao FIOT no primeiro festival de teatro da comunidade autónoma, seguido do de Ribadavia.

Compartir: