Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Unha exposición e un libro lembran ao creador cultural Alberto Gende no seu décimo cabodano

A mostra “Alberto Gende. Encher o baleiro” será inaugurada o venres 11, ás 19.30 horas, no Pazo da Cultura

Martes 8 de marzo do 2022

Alberto Gende. Encher o baleiro é o nome da exposición que se inaugura este venres no Pazo da Cultura, ás 19.30 horas, con motivo do décimo cabodano do artista carballés. Trátase dunha retrospectiva da obra de Gende ao longo de 25 anos, pero tamén un percorrido por unha vida ligada á beleza do traballo que o converteu nun creador imprescindible para entender a cultura carballesa recente e un dos nomes imprescindibles do deseño galego. Gran parte dese material está recollido no libro do mesmo título, asinado por dous dos irmáns do homenaxeado, Juan Félix e Xurxo, e que se presentará na apertura da mostra, na que se exhiben cadros, deseños, fotografías e obxectos persoais que axudan a comprender a figura humana e artística do creador.

“Tanto o libro como a expo -explica Juan Félix Gende, autor do deseño e maquetaxe do libro e compilador de todo o material gráfico- son una selección da extensa obra de Alberto, que abarca 25 anos, desde o seu primeiro cartel, de 1987, ata o seu último deseño, días antes do seu falecemento, en marzo de 2012”. “Para reunir todo este material –engade- houbo que escanear documentos, negativos e diapositivas do arquivo persoal de Alberto desde a súa época de estudante e rescatar arquivos dixitais de antigos ordenadores, disquetes e discos duros”.

Para contextualizar ese inxente material, o libro, de 326 páxinas, conta con textos do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, de Xurxo Chapela e de Juan Manuel Monterroso Montero, profesor titular do Departamento de Historia da Arte de Universidade de Santiago de Compostela.

Á homenaxe quixéronse sumar, para poñerlle a banda sonora, Mara Pérez e Alberto Vecino, de Chicharrón; Diego Gende, ex de Chicharrón e irmán de Alberto; Luis Mosteiro, ex de Hijos de Rivera; e a poeta Rosalía Fernández Rial. Colabora no mobiliario e decoración da exposición a galería de arte Manolo Eirín.

Os beneficios da venda da primeira tirada irán destinados á Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro.

Compartir: