Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

"Querida Conchi" e "Amnesia 3.0" conquistan o palmarés do 9º Carballo Interplay

Carla Álvarez, Xiana Rei Martiz e Luiza Velizarova fanse co premio a mellor proxecto de serie web en galego con "Mentres non chova"

Domingo 10 de abril do 2022

Premiados/as na 9ª edición do festival Carballo Interplay

Premiados/as na 9ª edición do festival Carballo Interplay

A 9ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrou dende o mércores en Carballo e na rede, a través do streaming, pechou o telón este sábado coa gala de entrega de premios ás mellores series para web na que triunfaron a animación máis sorpredente de proxectos como Querida Conchi ou Lordson and Jesus, o humor político de The communist's daughter e o intimismo de Dhanasri, Julies e as pantasmas.

O xurado composto por Marta Salicrú, Betu Martínez, Víctor Sala, Lucía Estévez e Ángela Andrada outorgoulle a Querida Conchi o premio a Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, e a Lordson and Jesus o de Mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo. O de Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, foi para Amnesia 3.0, serie nacida no propio Carballo Interplay a través do concurso de proxectos. O premio para Mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para a canadiense The Communist's daughter, unha comedia política ambientada durante o mandato de Ronald Reagan .

As asistentes ao Carballo Interplay tamén tiveron a oportunidade de escoller a súa webserie favorita e finalmente decidiron que a gañadora ao premio do público, dotado de 400 euros, sexa a francesa Resistance. Pola súa parte, o xurado novo, composto por Malva, Nee Barros e Berto Mira decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Dhanasri, Julies e as pantasmas, un retrato poético que explora a complecidade das relacións entre as mulleres.

O xurado composto por María Yañez, Nati Juncal e Xulio Abonjo decidiu outorgar o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 3000 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Mentres non chova, de Carla Álvarez, Xiana Rei Martiz e Luiza Velizarova, un thriller contado a través da pantalla dun teléfono móbil que esconde unha gran reflexión sobre o cambio climático. A serie estrearase na próxima edición do Carballo Interplay.

PALMARÉS

  • Mellor serie, dotado con 800 euros e trofeo: Querida Conchi
  • Mellor serie versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo: Amnesia 3.0
  • Premio do xurado novo, dotado con 400 euros e trofeo: Dhanasri, Julies e as pantasmas
  • Premio do público, dotado con 400 euros e trofeo: Resistance
  • Premio a mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo: Lordson and Jesus
  • Premio a mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo: The Communist's daughter
  • Premio a proxecto de serie web en galego, dotado con 3.000 euros e trofeo: Mentres non chova

Vídeos

Compartir: