Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Janis Joplin protagoniza o cartel do Rockin Carballo, que regresará o 18 de xuño con máis rock e máis gana que nunca

A Concellaría de Mocidade organiza o tradicional festival de música alternativa estreitamente ligado ás festas de San Xoán

Martes 26 de abril do 2022

Jimi Hendrix, Jim Morrison, Aretha Franklin, e este ano Janis Joplin, son os símbolos da nova etapa iniciada polo Rockin’ Carballo no ano 2017. Despois de dous anos de parón obrigado, o festival de música alternativa organizado pola Concellaría de Mocidade arredor das festas de San Xoán volve, como están volvendo as grandes citas musicais da temporada estival, para seguir apostando polos valores emerxentes do rock and roll.

Polo momento non imos desvelar os nomes dos grupos que pasarán polo escenario, pero xa vos adiantamos que o Rockin’22 pagará moito a pena, así que ide reservando a data: o 18 de xuño queremos vervos a todas e todos en Carballo!

“Queremos que o festival dea un salto de calidade en todos os sentidos”, indicou a concelleira de Mocidade e Festas. Maruxa Suárez quixo felicitar tamén ao deseñador gráfico carballés Juan Félix Gende por volver a atinar co cartel, no que comparten protagonismo unha auténtica icona feminina do rock e as herbas de San Xoán que forman a súa cabeleira.

Moi pronto comezaremos coas confirmacións dos grupos, así que non perdades detalle, que neste agardado regreso o Rockin’ Carballo chega cargado de novidades.

Compartir: