Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

PODES VISITALA DE LUNS A SÁBADO DE 16.30 A 21.00 HORAS

A exposición "Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló" converte o Pazo da Cultura nun museo

Entre a importantísima colección que pode verse na Sala Alberto Gende figuran dúas obras do artista carballés Manuel Facal

Mércores 2 de novembro do 2022

José Manuel Vilariño, Paloma Vela, Evencio Ferrero, Manuel Facal, María Teresa Cores e Marcos Trigo

José Manuel Vilariño, Paloma Vela, Evencio Ferrero, Manuel Facal, María Teresa Cores e Marcos Trigo

Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló trae a Carballo a mellor representación da arte do século XX español e converte a Sala Alberto Gende do Pazo da Cultura nun auténtico museo digno de pezas de artistas como Miró, Dalí, Chillida, Luis Seoane ou Maruja Mallo. Da importancia da obra que pode verse ata o día 27 de novembro (luns a sábado, de 16.30 a 21.00 horas) falou o alcalde, Evencio Ferrero, na visita institucional celebrada hoxe, na que tamén participaron Marcos Trigo, concelleiro de Cultura; José Manuel Vilariño Orgeira, coordinador institucional de ABANCA na Coruña; María Teresa Cores, coordinadora de Cultura de Afundación; Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta de Cultura de Afundación, e Manuel Facal, gravador carballés que conta con dúas obras na mostra.

A exposición pretende dar a coñecer as técnicas tradicionais do gravado calcográfico e as súas variantes, en especial a xilografía, a litografía e a serigrafía. En ocasións, a delimitación entre unha técnica e outra non é tan nidia xa que os artistas actuais son quen de mesturar as distintas técnicas e mesmo inventárense outras novas. Podedes ver algunhas delas máis abaixo, no vídeo que resume o acto celebrado hoxe.

Esta exposición enmárcase na iniciativa Cultura por alimentos que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.

Evencio Ferrero sauda a Manuel Facal

Evencio Ferrero sauda a Manuel Facal

Ademais, a exposición é froito da colaboración enmarcada no proxecto Corrente cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística máis aló das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Vídeos

Compartir: