Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O valenciano Xavier Ferrer Chust, gañador do XXV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

A entrega dos galardóns está prevista para o 27 de abril no Pazo da Cultura

Luns 24 de abril do 2023 Cultura

O xurado de certame, que se reuniu a semana pasada

O xurado de certame, que se reuniu a semana pasada

Xavier Ferrer Chust (Vila-real, 1958) acada o primeiro premio do XXV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís cunha imaxe titulada Díptico 678, pola que recibirá 1.500 euros e diploma. Ao longo dos corenta anos que leva facendo fotos, o artista valenciano ten participado en ducias de exposicións, tanto individuais coma colectivas; é autor de numerosas publicacións e leva acadados máis de douscentos premios, aos que se suma agora o Xosé Manuel Eirís.

O xurado vén de facer público o seu fallo despois dun exame minucioso das obras presentadas. O segundo premio desta 25ª edición, dotado con 750 euros e diploma, e patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz, é para a fotografía titulada La playa, do fotógrafo ourensán Miguel Gómez Muñiz. O Premio Especial Carballo, patrocinado por Interfilm e dotado con 500 euros e diploma, é para Verónica Ramilo Graña, autora do mural dedicado ás mártires de Sofán no centro social desa parroquia, que presentou a fotografía O posto de Angelita de Lendo. Este ano tamén se entregará un accésit de 300 euros e diploma a Iago Pensado Malleu pola súa obra Adoración da típula.

A entrega dos premios terá lugar o xoves 27 de abril, ás 20.00 horas, no 3º andar do Pazo da Cultura. No mesmo acto será inaugurada a exposición das obras gañadoras e dunha selección realizada polo xurado entre todas as presentadas a esta 25ª edición do certame.

O xurado estivo integrado nesta edición por Marcos Trigo Facal, concelleiro de Cultura, coma presidente; Ángel Cordero Gómez, fotógrafo e profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña; María Esmorís Puñal, aparelladora, en representación da asociación xuvenil Arume; Ignacio Romero Sánchez, fotógrafo, profesor de fotografía e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña; Vanessa Rábade Ramos, deseñadora gráfica e fotógrafa profesional; Peter Kramer, pintor e escultor, e Carmen Castro Pombo, xefa do Servizo de Cultura do Concello de Carballo, que actuou coma secretaria do xurado.

Compartir: