Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A exposición do certame de artesanía Antonio Fraguas inclúe unha peza do carballés Manuel Eirín Nemiña

Podes visitala ata o 14 de maio no andar -1 do Pazo da Cultura

Xoves 27 de abril do 2023 Cultura

Lámpada (proporción) áurea

Lámpada (proporción) áurea

Ademais dos premios acadados por Carmen Riveiro Ferreiro, na categoría tradicional, e Verónica Moar Suárez, na contemporánea, o certame de artesanía Antonio Fraguas permítenos gozar da arte de moitos outros artesáns e artesás na exposición que podemos ver estes días en Carballo. E entre esas obras seleccionadas polo xurado atópase Lámpada (proporción) áurea, do carballés Manuel Eirín Nemiña, un motivo engadido para que te achegues ata o Pazo da Cultura.

O artesán carballés, autor tamén da peza escultórica que recrea o plano dos Baños Vellos realizado polo arquitecto Miguel Ferro Caaveiro no ano 1777, tamén utiliza a cerámica na creación seleccionada entre as 82 que se presentaron á última edición do certame convocado pola Deputación da Coruña.

A mostra inclúe un total de 25 pezas, que podes ver ata o 14 de maio na sala de exposicións do andar -1 do Pazo da Cultura, aberto de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas.

Compartir: