Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Así serán este ano as verbenas do San Xoán!

Disco móbil, dj’s e as orquestras con máis tirón do panorama nacional estarán do 22 ao 26 de xuño en Carballo

Venres 5 de maio do 2023 Cultura

Funçao Publika foi a orquestra máis demandada tras o éxito que acadou o ano pasado

Funçao Publika foi a orquestra máis demandada tras o éxito que acadou o ano pasado

A comisión de festas aposta como nunca polas verbenas, e non só traendo a Carballo a algunhas das orquestras con máis tirón do panorama nacional, que tamén; senón abrindo o abano de estilos musicais, tipos de formación, e mesmo horarios, para que todo o mundo, independentemente de gustos e idades, poida gozar da música nas noites de San Xoán.

Así serán este ano as verbenas do San Xoán!

Arrincarán o 22 de xuño con todo un clásico da verbena galega, a París de Noia. Pouco podemos contar dela que non se saiba, porque despois de 65 anos sobre os escenarios segue no top das orquestras do país. Con 16 artistas sobre o escenario, un repertorio renovado, coreografías vistosas e vestiarios espectaculares, nesta xira 2023 vai seguir dando que falar e que bailar. O espectáculo da París de Noia empezará a soar ás 22.00 horas do xoves 22 na Praza do Concello.

Este ano tamén teremos música o día das cachelas, o 23 de xuño, unha sesión especial de 21.00 a 03.00 horas na que contaremos con tres dj’s locais: Dani Varela, Sara Pose e Ramita. E para completar o cartel, Disco Impacto! Unha cita á que non pode faltar ningún mozo nin moza da contorna.

O día de San Xoán, 24 de xuño, teremos en Carballo unha orquestra que bate récords nas redes sociais, con ducias de milleiros de seguidores, e nos seus concertos. Dende as Illas Canarias recibiremos ao Grupo Bomba, un fenómeno de masas que se caracteriza por un marcado estilo latino, cun repertorio divertido, moitos temas propios e máis interacción co público. Con 13 músicos sobre o escenario que empezarán a tocar ás 00.30 horas, despois dunha das actuacións estelares que vos temos preparadas para este ano e que daremos a coñecer moi pronto.

A presenza do Grupo Bomba converterá Carballo nun punto de referencia, porque contan cada vez con máis seguidores en Galicia. E o mesmo podemos dicir da orquestra que teremos na Praza do Concello o domingo 25 de xuño, La última legión, que chegará dende terras leonesas para ofrecer un show no que fan un percorrido por algúns dos temas máis coñecidos da historia da música española.

E para pechar o cartel das verbenas, o 26 de xuño regresará a Carballo a orquestra revelación das festas do ano pasado: Funçao Publika, a orquestra máis popular de Portugal e que no 2022 deixou na nosa vila un sabor de boca inmellorable. De feito, se regresan este ano é porque foron moitísimas as peticións que recibiu a comisión de festas. A última verbena deste San Xoán arrincará ás 21.30 horas, para que, malia ser un día laborable, todo o mundo, mesmo os máis pequenos da casa, poidan gozar da festa e para poder garantir, ao mesmo tempo, o descanso da veciñanza.

Compartir: