Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

ATA O 15 DE XUÑO

O FIOT abre a inscrición para participar na sétima edición do Certame Metro Cadrado

As obras serán valoradas polo público asistente mediante un sistema de votación e optarán a premios de 150€ á mellor interpretación ao mellor espectáculo

Venres 12 de maio do 2023 Cultura

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, que vén de ser escollido como Mellor Iniciativa Cultural de Galicia pola Fundación Contemporánea, abre a convocatoria para participar na nova edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, unha das súas principais liñas de programación e que ofrece ao público a posiblidade de gozar de creacións escénicas experimentais en espazos non teatrais e singulares da localidade.

O FIOT abre a inscrición da sétima edición do certame, no que convida ás compañías ou artistas emerxentes a crear ou deseñar un espectáculo (de teatro físico, música, clown, performance, danza, manipulación de obxectos...) de entre 10 e 20 minutos, que se poida poñer en escena, especificamente, nun espazo non teatral entre o 7 e o 29 de outubro de 2023.

Este ano os espazos ofertados serán unha pista de skate, un balcón da casa do concello, un parque-ximnasio para maiores, unha tenda-fábrica de chocolate artesanal, un taller de olería, un espazo cultural, unha tenda especializada en produtos gourmet e venda de viños, uns probadores dunha tenda de moda, unha habitación nunha pensión e unha sala común do balneario.

As propostas poderán ser tanto pezas orixinais coma xa estreadas, aínda que o xurado do certame (composto por diferentes persoas relacionadas coas artes escénicas) terá en conta a nova creación e, especialmente, a adecuación e a interacción cos espazos ofertados e a autoría propia. Ademais, atendendo ao interese do FIOT nos proxectos e experiencias teatrais singulares que fan un uso innovador de cultura dixital e a tecnoloxía, procurarase seleccionar, polo menos, unha proposta que se desenvolva ou na que teñan un peso moi claro os medios en liña ou virtuais.

As pezas seleccionadas polo xurado, unha vez representadas, recibirán unha compensación económica de 450€. Ademais, todas as obras exhibidas serán valoradas polo público asistente mediante un sistema de votacións e optarán a premios de 150€ á Mellor nterpretación e ao Mellor Espectáculo. O prazo de presentación de solicitudes, que se pode facer a través do correo electrónico fiot.microteatro@gmail.com, rematará o 15 de xuño.

Descargas

Compartir: