Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

PRAZA DOS LIBROS 2023

María Lado será a pregoeira da PLIC, que volverá ao xardín municipal do 6 ao 9 de xullo

A escritora ceense foi autora da dramaturxia da obra do FIOT Fónico "O espello que arde", ambientada en Carballo

Martes 6 de xuño do 2023 Cultura

Volve a PLIC, a renovada Praza dos Libros de Carballo, para encher de cultura o xardín municipal do 6 ao 9 de xullo. Este ano, a extensa programación que dará a coñecer a Concellaría de Cultura nos vindeiros días arrincará o xoves 6 co pregón da escritora María Lado Lariño (Brens-Cee, 1979). Á autora ceense debémoslle a dramaturxia de O espello que arde, unha obra de produción propia encargada polo Festival Internacional Outono de Teatro para o FIOT Fónico, que está ambientada en Carballo e foi estreada no 2021.

María Lado

María Lado

A súa historia literaria comezou no seo do Batallón Literario da Costa da Morte, onde participou das tres antoloxías poéticas editadas do colectivo. Como poeta ten publicado seis libros individuaisA primeira visión (Letras de Cal, 1997), casa atlántica casa cabaret (Xerais, 2002), berlín (Concello de Santiago-El Correo Gallego-Aelg), Nove (Ed. Fervenza, 2008), Amantes (Ed. Caldeirón, 2011) e oso, mamá, si? (Xerais, 2015), escollido como mellor libro de poesía na I Gala do Libro Galego. Tamén é autora do conto para nenos Porque Cuqui non quere ir á lavadora (Apiario, 2014), da novela para público xuvenil Entre os dous hai un río (Ed. Elvira 2016) e do libro de poemas para crianzas 5 minutos (Auga Editora, 2017).

Textos seus foron traducidos e publicados para antoloxías ao castelán, portugués, catalán, ruso, croata e irlandés. Outros aparecen en discos como o CD Pensando Nelas, editado pola Universidade do País Vasco e o Centro de Estudos Galegos, o primeiro disco de Igmig, Shaishakarraskaishe, ou nos documentais Redeiras (X. H. Ribadulla Corcón) e Tecendo o fío da memoria (María Reimóndez). É guionista da radionovela Novembro, e tamén realizou a adaptación e dirección das versións teatrais de varios contos.

En ocasións tamén sobe ás táboas como actriz. En teatro traballou na montaxe Oeste Solitario, de Producións Teatrais Excéntricas, baixo a dirección de Quico Cadaval, e tamén é unha das actrices da película Kauflanders de Olaia Sendón. Ademais, dende o ano 2005 mantén coa poeta Lucía Aldao varios recitais escénicos baixo o nome Aldaolado.

Compartir: