Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

DO 6 AO 9 DE XULLO

Volve a Praza dos Libros cun potente programa de actividades que acredita o noso compromiso coa cultura

Ademais de reunir o melloriño da literatura galega actual, a PLIC 2023 traerá música, teatro, obradoiros, atún e pan de Carballo

Xoves 15 de xuño do 2023 Cultura

Do 6 ao 9 de xullo volve a Praza dos Libros, cun potente programa que acredita o compromiso do Concello de Carballo coa cultura. Presentárono hoxe o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; o presidente da Fundación Luis Calvo Sanz, Chano Calvo, e representantes das librarías e editoriais que participarán na PLIC, que nesta edición serán Trasgo, Teldy, Brañas Verdes, Clarión e Espiral Maior Foro, de Carballo; Á lus do candil, de Arteixo; A gata tola, de Santiago, e Caldeirón, de Malpica.

A PLIC é a única feira literaria de Galicia que se celebra dentro dunha feira tradicional tan antiga e importante como é a de Carballo. Por iso realizamos a presentación en pleno mercado do xoves. Pero queremos que os produtos gastronómicos da nosa terra teñan un papel moi destacado, e por iso o xoves 6 todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pack de atún Calvo, e o domingo, día de feira e de despedida da Praza dos Libros, os libreiros e as libreiras entregarán un moletiño de pan de Carballo con cada venda.

O sector ofrecerá durante os catro días un 10% de desconto en todos os títulos, e ademais con cada libro entregarán unha tarxeta rasca coa que poderán conseguirse premios directos: libros, mochilas, bolígrafos, chaveiros... As casetas estarán abertas ao público de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas, polo que non hai escusa para non achegarse ata o corredor central da Praza do Concello.

Marcos Trigo, concelleiro de Culltura en funcións

Marcos Trigo, concelleiro de Culltura en funcións

Pola Praza dos Libros pasarán este ano autores e autoras coma María Lado, pregoeira desta edición; Marta Vilar, Félix Neira, Francisco Castro, Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland, Héctor Pose, Nee Barros, María Canosa, Alberto Varela Ferreiro, Marilar Aleixandre e Inma López Silva. O concelleiro de Cultura destacou especialmente dúas presentacións moi carballesas: Monte Neme, do Instituto de Estudos Bergantiñáns, que cobra maior relevancia neste momento, dado que, como apuntou Marcos Trigo, “esa zona volve a estar ameazada por un proxecto industrial, cando debería ser un espazo para uso e desfrute da cidadanía”, e Os contos das risas serias: un percorrido por 83 relatos do Xestal, de Xohán Xabier Baldomir Cabanas e editado polo Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, que se enmarca na celebración do Ano do Xestal.

A PLIC, como apuntou o alcalde, vai máis alá da literatura e convértese nunha feira da creatividade cultural, poñendo en valor outro tipo de manifestacións que permiten “facer ver á xente que a cultura é todo un conxunto e que, para nós, a cultura en Carballo sempre será unha prioridade”. E dentro dese programa de actividades paralelas hai concertos para público infantil e adulto, obradoiros, animación de rúa, teatro, contacontos... Descarga o programa máis abaixo.

Descargas

Compartir: