Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Xa está todo preparado para recibir a visita máis importante do ano: chegan os Reis Magos!

Gaspar, Melchor e Baltasar realizarán un percorrido de case oito quilómetros, o que permitirá adiantar e ampliar a recepción aos nenos e nenas na casa do concello

Mércores 3 de xaneiro do 2024

Os tronos reais están situados na entrada da casa do concello

Os tronos reais están situados na entrada da casa do concello

Xa comezou a conta atrás para a visita máis importante que recibimos cada ano. Directamente desde Oriente, os Reis Magos chegarán a Carballo o día 5 pola tarde para recibir as peticións dos nenos e nenas e para poder descansar antes da longa noite de reparto de agasallos que teñen por diante.

Un amplo equipo integrado por persoal das áreas de Cultura, Policía Local, Protección Civil e Brigada de Obras está a traballar para telo todo a punto: as carrozas, a carpa da Praza do Concello, os tronos... E tamén contamos coa colaboración do Grupo Dimolk, que cede os vehículos para transportar as carrozas, e do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper, que achega 600 quilos de caramelos, e onde estará instalado, ademais, o punto de saída da cabalgata.

A chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar está prevista para as 17.00 horas. Un cuarto de hora despois, escoltados pola Policia Local e Protección Civil, iniciarán o percorrido polas rúas de Carballo: Perú, Ponte da Pedra, Malpica, Pedra Furada, Mirtos, Fábrica, Av. das Flores, Rosas, Begonias, Camelias, Xasmíns, A Cristina, Poñente, Luís Calvo, Castelao, Alexandre Bóveda, Fisterra, Río Anllóns, Milagrosa (parada no centro social Escola de Arrabaldes), Rúa Sol, Martín Herrera (parada na igrexa), Jacinto Amigo, Gran Vía, Dr. Fleming, Av. Bergantiños, Vila de Ordes, Gran Vía, Vázquez de Parga, Emilia Pardo Bazán, Ponte da Pedra, Pontevedra, Avilés de Taramancos, Ánxel Fole, Valle-Inclán e Colón.

En total, algo menos de oito quilómetros. A chegada á Praza do Concello está prevista entre as 19.30 e as 20.00 horas, pero se queres saber por onde vai en cada momento a comitiva real só tes que conectarte a www.carballoenrede.com.

Na carpa da Praza do Concello a animación xa empezará ás 18.45 horas coa música de Picadiscos Marifaltri, que farán cantar e bailar aos nenos e nenas ata a chegada da cabalgata. Os Reis Magos serán recibidos polo alcalde, e posteriormente recibirán na casa do concello aos nenos e nenas, que poderán entregarlles aínda as súas cartas ou depositalas na caixa de correos real situada na entrada.

Compartir: