Cultura

Cultura

- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A pontevedresa Mónica Vila Ferreirós gaña o XXVI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

A entrega de premios e a inauguración da exposición das obras seleccionadas celebrarase o xoves 25 na Sala Alberto Gende do Pazo da Cultura

Martes 23 de abril do 2024 Cultura

Reunión do xurado do certame

Reunión do xurado do certame

A fotoxornalista Mónica Vila Ferreirós (Vilanova de Arousa) é a gañadora do XXVI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. O xurado vén de facer público o fallo do concurso, no que tamén foron seleccionadas as obras de Antonio Gutiérrez Pereira, segundo premio; José Manuel Pérez Pena, premio especial Carballo, e Mª Goretty Vázquez Rodríguez, accésit. O acto de entrega dos galardóns celebrarase o xoves 25, ás 20.30 horas, na Sala Alberto Gende do Pazo da Cultura, que acollerá ata o 14 de xuño unha mostra coas fotografías gañadoras e unha selección realizada polo xurado entre todas as obras presentadas.

Mónica Vila Ferreirós estudou fotografía artística na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago e imaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Desde 1998 vén colaborando con numerosos medios de comunicación. Entre os recoñecementos que ten recibido destaca o Premio Galicia de Fotografía Deportiva 2005. No certame Xosé Manuel Eirís acada o primeiro premio, dotado con 1.500 euros e diploma, pola fotografía titulada Pura e Herminia.

O segundo, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz, está dotado con 750 euros e diploma, e este ano corresponde ao vigués Antonio Gutiérrez Pereira pola fotografía Okupas. Antonio Gutiérrez é un vello coñecido do certame Xosé Manuel Eirís, xa que no ano 2018 gañou un accésit e no 2020 gañou o primeiro premio.

O Premio Especial Carballo, dotado on 500 euros e diploma, e patrocinado por Interfilm Carballo, marcha este ano para o concello de Ames, de onde é José Manuel Pérez Pena, autor da fotografía seleccionada: Punto de vista.

Tres dos catro premios deste ano van para a provincia de Pontevedra, porque o xurado tamén decidiu conceder un accésit de 300 euros e diploma a María Goretty Vázquez Rodríguez, de Tui, pola fotografía Sen título.

O xurado, que se reuniu o 11 de abril no Pazo da Cultura, estivo integrado por Maruxa Suárez Cotelo, concelleira de Cultura, como presidenta; Xan Fernández Carrera, escritor, investigador e divulgador da Costa da Morte, en representación do Instituto de Estudos Bergantiñáns; Ángel Cordero Gómez, fotógrafo e profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña; Vanessa Casteleiro Martínez, fotoxornalista; Marcos Rodríguez Cotelo, fotógrafo; Marta Rodríguez Valverde, creadora de artes visuais e performance, e Carmen Castro Pombo, xefa do servizo de cultura do Concello de Carballo, como secretaria.

Compartir: