Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

24 DE XUÑO, ÁS 23.00 HORAS, NA PRAZA DO CONCELLO

O incombustible grupo madrileño Los Secretos actuará no San Xoán dentro dunha xira caracterizada polos cheos absolutos

O venres 31 de maio presentaremos a programación completa das festas patronais de Carballo, que este ano celebraranse do 19 ao 30 de xuño

Sábado 25 de maio do 2024

Los Secretos (Foto: Marta Pich)

Los Secretos (Foto: Marta Pich)

Unha das preguntas que máis se repiten en Carballo nesta época do ano é: quen vai actuar no San Xoán? Para coñecer o programa completo que nos ten preparado a comisión de festas desde o 19 ata o 30 de xuño haberá que agardar ata o venres 31 de maio, pero xa podemos avanzarvos que unha das grandes actuacións terá como protagonista ao incombustible grupo madrileño Los Secretos! Será o día do patrón, 24 de xuño, a partir das 23.00 horas, na Praza do Concello.

Despois de comezar o ano cun éxito sen precedentes no teatro Novo Apolo de Madrid, o seu musical A tu lado está a converterse nun dos triunfos máis absolutos de toda a carreira de Los Secretos, que esgota entradas en todas as cidades. En Carballo teremos a sorte de poder escoitalos nun concerto gratuíto, aberto a toda a veciñanza e a todas as persoas que queiran achegarse ata a Praza do Concello.

A tu lado é un espectáculo de “teatro musicalizado” que está a recibir moi boas críticas do público e da prensa especializada. Brillante, emotivo e elegante, este musical ábrese agora paso por cidades como Bilbao, Mallorca, Alacante, Zaragoza, Murcia, Xixón, Sevilla, Valencia, Pamplona, Cáceres… e Carballo!

E quen sabe se poderemos escoitar algún anticipo do novo álbum de estudo que prometen sacar en setembro! Este San Xoán teremos en Carballo a uns Secretos totalmente renovados, cheos de enerxía e paixón, que sen dúbida recibirán todo o agarimo do seu público, máis incondicional que nunca.

Álvaro Urquijo, Ramón Arroyo, Jesús Redondo, Santi Fernández, Txetxu Altube e Juanjo Ramón están a vivir un dos anos máis especiais da mítica banda, e teremos a sorte de poder compartilo con eles.

Compartir: